Para decorar a entrada do colexio , na clase de quinto estiveron a facer o tronco e as ramas dunha árbore utilizando follas de xornais:
19/10/14
10/10/14
ABRAPALABRA: MAXIA E POESÍA
Hoxe os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto acompañados dalgúns rapaces do colexio de San Isidro, fomos á Casa da Cultura de Neda, a ver o espectáculo "ABRAPALABRA" do mago Carlos Coira.
Esta actividade, dirixida aos nenos e nenas entre 4 e 11 anos, forma parte do programa de dinamización lectora en bibliotecas que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística: "Ler conta moito" co que pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir, achegando á cidadanía á lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.
Durante preto dunha hora, o mago Carlos Coira, animounos a gozar da "maxia das palabras" a través de divertidos trucos nos que algún de nós ademais tivemos a gran sorte de participar.
Aquí vos deixamos algunha fotiño para que vexades o atentos que estabamos e o ben que o pasamos. Para ver as imaxes a maior tamaño pon o rato encima e clica no botón azul : Lanzar Gallery:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)