27/1/15

EXPOSICIÓN E VISITA AO RÍO BELELLE

Estes días temos a sorte de contar no centro cunha fermosa exposición sobre o Río Belelle que puxo á nosa disposición a asociación Néboa Medio Ambiente. Como eles din na súa páxina, trátase dunha asociación ecoloxista que nace no ano 1996, no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios posibilitando a súa actuación nesta dirección. Agrupa a xente como biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, ...
Ollade que exposición máis bonita:



Pero ademais, o venres pasado estiveron no colexio para facer uns talleres con nenos e nenas de infantil, primeiro ciclo y terceiro de primaria e hoxe viñeron para levar aos alumnos de cuarto, quinto e sexto a dar unha volta polo río Belelle.

Alí poideron ver en vivo e en directo a flora e fauna do lugar. Aprender as árbores que hay á beira do río como Salgueiros, Bidueiros,  Abelairas, Eucaliptos,... e algúns arbustos como o loureiro ou o fieito real que está en perigo de extinción. Tamén  o nome dalgúns paxaros como o martíño peixeiro, o merlo, a lavandeira,... E ademais fixeron algúns estudos sobre o río como o seu PH (5), a temperatura da auga (10.8º), a transparencia, a velocidade da auga (0.51) a porcentaxe de nitratos (entre 1 e 10), ...