31/10/15

CELEBRANDO O SAMAÍN


Como o xoves 29 os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria ían de excursión toda a mañá e o venres 30 non tiñamos clase porque a Xunta declarouno Día do Ensino, tivemos que adiantar a festa do SAMAÍN para o mércores 28.

Ao igual que o ano pasado, contamos coa colaboración da ANPA para a realización dalgunhas das  actividades como o Túnel do Terror e o Taller de Maquillaxe.

A media mañá, comezamos a celebración. Organizamos seis talleres distintos de 20 minutos de duración, polos que tiñan que pasar todas as clases: visionado de curtos de "medo" na biblioteca, xogos de Halloween na clase de inglés, xogos informáticos na aula de informática, xogos de habilidade no ximnasio e os dous citados anteriormente: o túnel do terror e taller de maquillaxe monstruoso.

Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. Clicade na imaxe para ver as fotos subidas polo ANPA:



24/10/15

INVENTAMOS LEMAS PARA O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

En colaboración co Equipo de Biblioteca, cada clase inventou un lema relacionado co elexido este ano para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: "Biblioteca Escolar:base de exploracións".

Estes carteis puxémolos no corredor central do noso centro. Ollade que bonitos quedaron todos:

EDUCACIÓN INFANTIL 3/4 ANOS


EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS


1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


A que son todos moi bonitos?