24/11/15

POLA IGUALDADE, EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO


Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria levando a pancarta que podedes ver arriba, sumáronse invitados polo Concello de Neda, xunto cos nenos e nenas do Instituto Fernando Esquío e o CEIP de San Isidro, á MARCHA POLO BO TRATO, que saiu do Albergue de Pelegríns e foi por todo o paseo marítimo ata chegar ao Concello. Unha vez alí, os rapaces e rapazas dos outros centros, leron os seus manifestos contra a Violencia de Xénero así como o Alcalde e outro persoal do Concello, e eles representaron o acto que tiñan preparado: "MANS" baseado no álbum ilustrado de Xabier Docampo.

Neste video podedes ver un dos ensaios de dita representación:


Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:



Ao final houbo unha solta de globos violetas que simbolizaban cada unha das vítimas por mor dos malos tratos:

20/11/15

OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Ao longo desta semana pasada, nas distintas titorías estívose a traballar os dereitos de todos os nenos e nenas. Aquí vos deixamos unha mostra do seu traballo:

1º de E.P.


2º de E. P.


6º de E.P.


18/11/15

CONTO COLECTIVO: "ESTRELIÑA"


Ao longo da semana pasada, entre todas as clases do centro inventamos un conto relacionado co Magosto e o outono que titulamos: "Estreliña".

Os encargados de comezar foron os máis peques do cole, a clase de 3 e 4 anos e os de rematalo, os máis maiores,  os de sexto de educación primaria.

Todas as clases fixeron un gran traballo. Aquí volo deixamos para que vexades o ben que quedou:



17/11/15

OUTONO NA MACIÑEIRA

Na entrada do colexio, decidimos poñer un mural con aportacións de todas as clases do edificio de primaria é dicir de segundo ata sexto: follas (4º de E.P), caracois (5º de E.P.), ourizos (3º de E.P.), cogumelos (2º de E.P.) e bufos (6º de E.P.).

Ollade que bonito e colorido nos quedou:



13/11/15

FESTA DO MAGOSTO E DÍA DO PEÓN


O día 13, celebramos no cole a tradicional festa do Magosto. Foi unha mañá moi divertida na que poidemos degustar non só ricas castañas proporcionadas pola ANPA e asadas polo profe Antonio senón tamén de riquísimos bocadillos de chourizo co delicioso pan de Neda. E na que ademais contamos coa visita nin máis nin menos que de Macín, o mago da nosa biblioteca.

Podedes ver as fotos da xornada no Álbum Picasa do ANPA do cole. Clicade na imaxe:



Ademais, aproveitamos a xornada para celebrar o día do Peón. Todos os nenos e nenas que quixeron trouxeron peóns da súa casa e bailáronnos durante o recreo:


2/11/15

EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS

Ao longo da semana previa á celebración do Samaín, os rapaces e rapazas trouxeron cabazas decoradas da casa coas que se fixo unha exposición á entrada do centro. Ollade que bonitas quedaron todas:




Ai que ver canta creatividade teñen estes rapazas e rapazas e as  súas familias!!!!!!

Foi moi difícil elexir as  tres gañadoras pois todas eran moi orixinais e estaban moi traballadas. Así que tras unha longa deliberación as tres cabazas gañadoras foron:

  1º  CABAZA-CEMITERIO de Alba de 3º de Primaria.
  2º CABAZA-CASA CORDOBESA de Antía de 2º de Primaria e
 3º CABAZA- TRABALLADORA de Blanca de 5º de Primaria.


NORABOA ÁS TRES PREMIADAS!

Así posan de fachendosas cos seus premios (consistentes nun vale para mercar un libro nunha librería) e  as súas cabazas e na foto de abaixo coa teacher Uxía que foi a encargada de presentar o acto de entrega:


GRACIÑAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!!