Ao longo da semana, cada nen@ na súa titoría, estivo a facer o seu autorretrato e con todos xuntos montouse esta bonita e colorida pomba:
O xoves emitimos en directo un programa de radio dende a nosa radio escolar "Radio Belelle" no dial 102.0 da FM , no que participaron todas as clases, con: poesías, contos, cancións, citas célebres pola paz, ...
Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo:
Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo:
A continuación, como chovía, no patio cuberto, todos xuntos cantamos a canción: "Todos somos capitáns" de Magin Blanco:
Se queredes saber como se fai, neste video que atopamos no blog BIBLIOABRAZO explica como facelo. Ainda que está en inglés, enténdese bastante ben.
MOI FELIZ DÍA DA PAZ PARA TOD@S!!!!