24/5/16

FESTA KIWI

Hai uns días, enterámonos de que o noso centro foi un dos tres colexios gañadores en España, dunha festa Kiwi pola participación do alumnado do sexto no concurso "FROITA, UN BOTÍN SABOROSO".

Así que, o 19 de maio, recibimos a visita de Peter e dúas animadoras, que nos fixeron pasar un gran ratiño entretido con todos os xogos populares que traían e tamén disfrutar de todos os kiwis que quixemos. Foi sen dúbida algunha, unha gran e divertida festa.

Clicade na imaxe para ver as fotos

Neste xornal, podedes ver todo o que fixeron os de sexto para dito concurso:

20/5/16

LETRAS GALEGAS 2016


Estes días, no centro, estamos a aprender moitas cousas sobre a vida e obra de Manuel María, o autor homenaxeado este ano no día das letras galegas. Con todo o que aprendimos, os de sexto, fixeron este video da súa biografía, tomando imaxes da páxina web CASA MUSEO MANUEL MARÍA.



E o día 20 pola tarde, fixemos un gran festival no patio cuberto, no que no faltou de nada: cancións, poemas, obras de teatro,.... PASÁMOLO MOI BEN:

10/5/16

CORRELINGUA


Hoxe celebrouse en Ferrol o Correlingua para reivindicar un ano máis o uso do galego entre os rapaces e rapazas da nosa comunidade.

A diferencia do ano pasado, este ano fomos todas as clases do centro. Sobre as dez e cuarto partimos cara o paseo marítimo de Caranza. Alí, xuntámonos con centos de compañeiros e compañeiras de distintos centros da comarca como Centieiras, Os Casais. Terra de Ferrol, ... e fixemos unha camiñata ata o Auditorio Municipal.


Unha vez dentro, o grupo TALÍA TEATRO, fixo as tarefas de presentación: 


A continuación, dúas rapazas e un rapaz de quinto ( Lucía, Claudia e Borja) e Sara Montagut de sexto, subiron ao escenario a ler o Manifesto Gañador deste ano, escrito polo alumnado de portugués de 4º da ESO do IES de Ribadeo, Dionisio Gamallo. Podedes ler o texto do mesmo clicando AQUÍ.


Neste video podedes ver unha parte da lectura do manifesto xa que por motivos técnicos no podemos ter a lectura completa:



E xa para rematar, todos poidemos disfrutar da actuación do grupo musical: "GRAMOLA GOMINOLA":
Aquí vos deixamos o video promocional do grupo:

2/5/16

2021: UNHA ODISEA NA TERRA


A semana pasada, a ANPA convidou ao alumnado do segundo e do terceiro ciclo de Primaria, a asistir ao Pazo da Cultura de Narón para ver a obra de teatro: "2021: Unha odisea na terra", unha obra escrita e dirixida por Xosé Luis Prieto e interpretada pola Escola de Teatro de Narón.

Durante preto dunha hora, poideron disfrutar dunha fantástica obra que ten na contaminación o tema central, abordando tamén de xeito transversal a educación vial ensinándolles aos rapaces que teñen que poñer casco ou como teñen que tomar as rotondas entre outras cousiñas. Aquí vos deixamos unha sinopse da obra:

SINOPSE: No ano 2021, unha súbita contaminación masiva provocada por "OS OUTROS" fai que haxa que evacuar a toda a poboación terrestre a Marte. Na Terra só quedan catro "ESCOLLIDOS" coa misión de investigar as causas de tal desastre ambiental e poder así salvar o Planeta. Durante esta importante misión, estos "Escollidos" terán que enfrontarse a moitas situacións arriscadas.