4/12/15

BALONCESTO SOBRE RODAS


Se a semana pasada da man de Paula, empatizabamos coas persoas con discapacidade visual, onte día da Discapacidade, tocoulle o turno ás persoas con mobilidade reducida. Tivemos a gran sorte de contar no colexio con dúas persoas pertencentes á Federación Galega de Deporte Adaptado, que nos ensinaron a xogar ao Baloncesto sobre Rodas.
En primeiro lugar, estivemos observando como eran as cadeiras de rodas, atopando moitas diferencias coas que estamos acostumados a ver: a forma das rodas, o cinto, o respaldo que era moi pequeno, ... Aprendimos que estas diferencias eran para que fosen máis seguras, para que a cadeira poidese xirar sen problema, para coller a pelota, ...


E xa por fin, agrupados de dez en dez, dende segundo ata sexto, todos xogamos un minipartido de dez minutos de duración. Que difícil nos parecía ao principio pero unha vez que lle collimos o "tranquillo" todo foi sobre rodas e nunca mellor dito.

Nestas fotos podédes ver aos maiores xogando e aos máis pequenos, probando as cadeiras de rodas:








E para que vexades que non era nada doado, tamén vos amosamos este video que gravamos:

1/12/15

DISCAPACIDADE VISUAL


O vindeiro xoves, 3 de decembro celébrase o Día da Discapacidade. Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co propósito de fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades tanto físicas como económicas ou sociais, intentando desmoronar as barreiras que as arrodean.

Desde o cole, tamén queremos fomentar a integración das persoas con discapacidade e para iso o mellor é coñecer como é o día a día destas persoas, imaxinar como se senten, poñernos no seu lugar. Se o ano pasado fixemos unha xornada de convivencia con algúns alumnos e alumnas do CEE Terra de Ferrol este ano,  contamos coa visita da Paula, unha mestra da ONCE, que cargada coa súa maleta didáctica: "Coñecemos o Braille", veunos a facer un taller de iniciación sobre o mesmo. O obxectivo era que coñecésemos como se desenvolven as persoas con discapacidade visual na súa vida cotiá grazas ao uso do Braille e das novas tecnoloxías adaptadas. Ademais coñecimos materiais  adaptados a este sistema como contos, libros, cartas, xogos de mesa ... incluso poidemos tocar e utilizar unha máquina Perkins.

Comezamos cunha presentación de como os nenos e nenas con cegueira ou deficiencia visual se desenvolven nas súas clases:


Despois, Paula amosounos algúns dos materiais que tiña na súa maleta:


E continuou cun taller sobre Braille. Primeiro unhas pequeñas nocións sobre o tema:


E logo, Paula deulle a cada rapaz e rapaza un alfabeto Braille e unha folla escrita neste sistema para que tratasen de descifrala. Que difícil parecía!!!!!!!!


Menos mal que coa súa axuda, conseguiron descifrala. Ollade que frase máis bonita:


Xa para rematar fixeron uns pequenos experimentos con catro voluntarios. Cos ollos vendados tiñan que averiguar o obxecto, moverse pola clase coa axuda dun "guía", ...


Antes de irse, Paula deixounos a súa maleta no centro durante uns días para que todos nós poidamos ver con calma todos os materiais que ten dentro como ...


Foi unha visita moi instrutiva e interesante. Pero iso non é todo, o vindeiro xoves día 3, teremos outra  interesante visita relacionada coa discapacidade. Xa vos manteremos informados.

24/11/15

POLA IGUALDADE, EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO


Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria levando a pancarta que podedes ver arriba, sumáronse invitados polo Concello de Neda, xunto cos nenos e nenas do Instituto Fernando Esquío e o CEIP de San Isidro, á MARCHA POLO BO TRATO, que saiu do Albergue de Pelegríns e foi por todo o paseo marítimo ata chegar ao Concello. Unha vez alí, os rapaces e rapazas dos outros centros, leron os seus manifestos contra a Violencia de Xénero así como o Alcalde e outro persoal do Concello, e eles representaron o acto que tiñan preparado: "MANS" baseado no álbum ilustrado de Xabier Docampo.

Neste video podedes ver un dos ensaios de dita representación:


Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:



Ao final houbo unha solta de globos violetas que simbolizaban cada unha das vítimas por mor dos malos tratos:

20/11/15

OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Ao longo desta semana pasada, nas distintas titorías estívose a traballar os dereitos de todos os nenos e nenas. Aquí vos deixamos unha mostra do seu traballo:

1º de E.P.


2º de E. P.


6º de E.P.


18/11/15

CONTO COLECTIVO: "ESTRELIÑA"


Ao longo da semana pasada, entre todas as clases do centro inventamos un conto relacionado co Magosto e o outono que titulamos: "Estreliña".

Os encargados de comezar foron os máis peques do cole, a clase de 3 e 4 anos e os de rematalo, os máis maiores,  os de sexto de educación primaria.

Todas as clases fixeron un gran traballo. Aquí volo deixamos para que vexades o ben que quedou:



17/11/15

OUTONO NA MACIÑEIRA

Na entrada do colexio, decidimos poñer un mural con aportacións de todas as clases do edificio de primaria é dicir de segundo ata sexto: follas (4º de E.P), caracois (5º de E.P.), ourizos (3º de E.P.), cogumelos (2º de E.P.) e bufos (6º de E.P.).

Ollade que bonito e colorido nos quedou:



13/11/15

FESTA DO MAGOSTO E DÍA DO PEÓN


O día 13, celebramos no cole a tradicional festa do Magosto. Foi unha mañá moi divertida na que poidemos degustar non só ricas castañas proporcionadas pola ANPA e asadas polo profe Antonio senón tamén de riquísimos bocadillos de chourizo co delicioso pan de Neda. E na que ademais contamos coa visita nin máis nin menos que de Macín, o mago da nosa biblioteca.

Podedes ver as fotos da xornada no Álbum Picasa do ANPA do cole. Clicade na imaxe:



Ademais, aproveitamos a xornada para celebrar o día do Peón. Todos os nenos e nenas que quixeron trouxeron peóns da súa casa e bailáronnos durante o recreo:


2/11/15

EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS

Ao longo da semana previa á celebración do Samaín, os rapaces e rapazas trouxeron cabazas decoradas da casa coas que se fixo unha exposición á entrada do centro. Ollade que bonitas quedaron todas:




Ai que ver canta creatividade teñen estes rapazas e rapazas e as  súas familias!!!!!!

Foi moi difícil elexir as  tres gañadoras pois todas eran moi orixinais e estaban moi traballadas. Así que tras unha longa deliberación as tres cabazas gañadoras foron:

  1º  CABAZA-CEMITERIO de Alba de 3º de Primaria.
  2º CABAZA-CASA CORDOBESA de Antía de 2º de Primaria e
 3º CABAZA- TRABALLADORA de Blanca de 5º de Primaria.


NORABOA ÁS TRES PREMIADAS!

Así posan de fachendosas cos seus premios (consistentes nun vale para mercar un libro nunha librería) e  as súas cabazas e na foto de abaixo coa teacher Uxía que foi a encargada de presentar o acto de entrega:


GRACIÑAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!!

31/10/15

CELEBRANDO O SAMAÍN


Como o xoves 29 os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria ían de excursión toda a mañá e o venres 30 non tiñamos clase porque a Xunta declarouno Día do Ensino, tivemos que adiantar a festa do SAMAÍN para o mércores 28.

Ao igual que o ano pasado, contamos coa colaboración da ANPA para a realización dalgunhas das  actividades como o Túnel do Terror e o Taller de Maquillaxe.

A media mañá, comezamos a celebración. Organizamos seis talleres distintos de 20 minutos de duración, polos que tiñan que pasar todas as clases: visionado de curtos de "medo" na biblioteca, xogos de Halloween na clase de inglés, xogos informáticos na aula de informática, xogos de habilidade no ximnasio e os dous citados anteriormente: o túnel do terror e taller de maquillaxe monstruoso.

Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. Clicade na imaxe para ver as fotos subidas polo ANPA:



24/10/15

INVENTAMOS LEMAS PARA O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

En colaboración co Equipo de Biblioteca, cada clase inventou un lema relacionado co elexido este ano para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: "Biblioteca Escolar:base de exploracións".

Estes carteis puxémolos no corredor central do noso centro. Ollade que bonitos quedaron todos:

EDUCACIÓN INFANTIL 3/4 ANOS


EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS


1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


A que son todos moi bonitos?

21/9/15


Hoxe os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria, acompañados dos seus titores e titoras, visitaron á Casa da Cultura de Neda para ver unha sesión de contacontos de Ana Hermida da asociación LISÍSTRATA titulada "CONTANDO EN FEMININO: CONTOS PARA A IGUALDADE" . Esta actividade está enmarcada dentro do programa  LER CONTA MOITO da Consellería de Cultura co que se pretende fomentar o gusto pola lectura en pequenos e non tan pequenos.


Durante preto dunha hora, Ana Hermida contou tres contos, dous deles de Adela Turín, "A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES" e "ARTUR E CLEMENTINA" e un terceiro, "A PRINCESA QUE NON QUERÍA CASAR" . Con eles, tal e como nos din na súa páxina, "trátase de concienciar ao público máis novo para que rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos onde se pode cambiar o final e tamén onde o protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades xa que xogando e contando, apréndese a formar en igualdade". 

Para os que non coñezades estes dous contos de Adela Turín  aquí volos deixamos:





E tamén este libro lim do conto dos Bonobos onde ademais do conto hai actividades para traballar cos máis pequenos a igualdade:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/bonobos/bonobos.html

25/5/15

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Mural feito polos nenos e nenas de primeiro e a súa profe Mari

O pasado xoves pola tarde celebramos o festival das Letras Galegas con  Sergio e Laura  de 5º de Primaria presentando o acto. Ao longo de hora e media de festival, escoitamos a biografía do autor homenaxeado este ano, Xosé Fernando Filgueira Valverde ,  a lectura dalgúns dos seus poemas incluídos na obra "Seis canciones de mar in modo antico" e tamén de poemas doutros grandes escritores da nosa literatura como son Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro,...
Disfrutamos con distintas cancións e bailes: "Mazarico", "Parapampero" e "Meu o mundo é" e incluso unha muñeira dos máis pequerrechos do cole. Tamén descubrimos a Verdadeira Historia de Carapuchiña Vermella de mans dos nenos e nenas de catro e cinco anos e os máis maiores, fixéronnos rir con dúas divertidas obriñas teatrais: "A consulta do doutor" e "Consultas psicolóxicas" .
Pasámolo moi ben na compaña dos familiares e amigos que viñeron a disfrutar connosco do festival. Deixámosvos unhas fotiñas:



E tamén a obra de teatro que fixeron os nenos e nenas de 5º:


17/5/15

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Hoxe celebramos un gran día para Galicia como é o día das nosas letras, o Día das Letras Galegas. Cada ano este día se lle adica a un escritor. Este ano o homenaxeado é Xosé Fernando Filgueira Valverde. A súa escolla suscitou gran controversia debido aos cargos públicos e a súa relación coas institucións da ditadura franquista, época na que a nosa lingua o galego sufriu un gran retroceso xa que estivo ausente de todos os usos oficiais e públicos, desaparecendo case calquera manifestación cultural na nosa lingua.


Para coñecer algo da vida deste autor, os rapaces do terceiro ciclo fixeron unha pequena biografía:


A produtora Algarabía realizou estas tres breves pezas audiovisuais para a Secretaría Xeral de Cultura a partir de textos de Filgueira Valverde:



Ao marxe da controversia , o importante deste día é a defensa do noso idioma así que seguindo unha iniciativa da CGENDL, colaboramos na difusión dunha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual, espallando o video: "PRESUME DE GALEGO" polas redes sociais para que o 17 de maio non seña a meta senón a liña de saída.