25/5/15

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Mural feito polos nenos e nenas de primeiro e a súa profe Mari

O pasado xoves pola tarde celebramos o festival das Letras Galegas con  Sergio e Laura  de 5º de Primaria presentando o acto. Ao longo de hora e media de festival, escoitamos a biografía do autor homenaxeado este ano, Xosé Fernando Filgueira Valverde ,  a lectura dalgúns dos seus poemas incluídos na obra "Seis canciones de mar in modo antico" e tamén de poemas doutros grandes escritores da nosa literatura como son Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro,...
Disfrutamos con distintas cancións e bailes: "Mazarico", "Parapampero" e "Meu o mundo é" e incluso unha muñeira dos máis pequerrechos do cole. Tamén descubrimos a Verdadeira Historia de Carapuchiña Vermella de mans dos nenos e nenas de catro e cinco anos e os máis maiores, fixéronnos rir con dúas divertidas obriñas teatrais: "A consulta do doutor" e "Consultas psicolóxicas" .
Pasámolo moi ben na compaña dos familiares e amigos que viñeron a disfrutar connosco do festival. Deixámosvos unhas fotiñas:



E tamén a obra de teatro que fixeron os nenos e nenas de 5º:


17/5/15

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Hoxe celebramos un gran día para Galicia como é o día das nosas letras, o Día das Letras Galegas. Cada ano este día se lle adica a un escritor. Este ano o homenaxeado é Xosé Fernando Filgueira Valverde. A súa escolla suscitou gran controversia debido aos cargos públicos e a súa relación coas institucións da ditadura franquista, época na que a nosa lingua o galego sufriu un gran retroceso xa que estivo ausente de todos os usos oficiais e públicos, desaparecendo case calquera manifestación cultural na nosa lingua.


Para coñecer algo da vida deste autor, os rapaces do terceiro ciclo fixeron unha pequena biografía:


A produtora Algarabía realizou estas tres breves pezas audiovisuais para a Secretaría Xeral de Cultura a partir de textos de Filgueira Valverde:



Ao marxe da controversia , o importante deste día é a defensa do noso idioma así que seguindo unha iniciativa da CGENDL, colaboramos na difusión dunha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual, espallando o video: "PRESUME DE GALEGO" polas redes sociais para que o 17 de maio non seña a meta senón a liña de saída.


8/5/15

CORRELINGUA 2015


Hoxe participamos no Correlingua que é unha carreira simbólica en defensa do galego, a nosa lingua. Este ano celebrouse no Pazo de Cultura de Narón e ademais do noso cole (fomos 1º,2º,4º e 5º de E:P.), había outros 900 escolares de distintos colexios da comarca como: Centieiras, A Solana, Virxe do Mar, Isaac Peral,  Esteiro, Recimil, CRA de Narón, CEE Terra de Ferrol,... por iso iamos todos moi ben equipados cos nosos chalecos identificativos.


Unha vez que chegamos e nos xuntamos todos, comezamos a carreira portando a pancarta que fixemos para a ocasión co lema deste ano: "GALEGO a nosa creación común":


Cando rematou a carreira,  tocoulle o turno aos xogos populares organizados polos alumn@s do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e deportivas do CIFP Rodolfo Ucha. Xogamos ao brilé, á corda, aos aros, ao balón asasino, ás carreiras de sacos ,...  . Pasámolo fenomenal.


E por último, entramos dentro do Pazo da Cultura. Alí,  Xurxo Souto, coñecido porque foi líder e vocalista do grupo de rock galego "O Diplomáticos de Monte-Alto" dende 1990 ata o 2001, fixo de mestre de ceremonias. 


Presentounos a obra  do Grupo de Teatro de Narón: "As aventuras da Bichuca Cuca" e tamén a actuación do músico Paco Nogueiras que nos cantou algunhas das cancións incluidas no libro-disco  Brinca Vai como No Samaín,  Rap do Magosto, Apertas que Voan, Meu o mundo é ... Deixámosvos o video promocional da canción "MEU O MUNDO É" que "conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego:arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! Que as nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Que vivamos en Galego e que construamos o noso mundo en galego".



Aquí vos deixamos as fotos para que vexades o ben que o pasamos e canto disfrutamos:

1/5/15

TEATRO: A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO


O pasado martes varias clases do centro, foron ao teatro Jofre en Ferrol para ver a obra: "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" da compañía MAGIN BLANCO coa participación de Montse Piñón e Pepablo Patinho do grupo de Teatro Ghazafelhos.

O espectáculo consistiu no relato da historia dunha viaxe protagonizada por unha nena e un grilo mediante a interpretación de cancións que van desde o reggae, ao pop, ao rock ou á bossa nova., 

Aquí vos deixamos un anaquiño do que poideronver:


Este espectáculo está basado no libro-CD do mesmo nome: "A nena e o grilo nun barquiño" do músico galego Magín Blanco editado por FOL MÚSICA, un libro de 60 páxinas acompañado dun Cd con 13 cancións, como eles din: "decorado con fermosas ilustracións a cargo de Leandro Lamas e aderezado con estimulantes actividades creativas e interactivas para os nenos, para que poidan pintar, escribir e debuxar o seu propio libro".

Imaxe do libro de Leandro Lamas