19/12/16

CIENCIA EN GALEGO


Tres experimentos que nos amosan que a ciencia tamén pode ser en galego:








Un libro LIM sobre as plantas:




Roda do ciclo da auga e despregable:



Montaxe feito en Collage   Idea orixinal sacada da Web do Maestro


Aquí vos deixamos as plantillas que utilizamos por se vos poden resultar útiles:

22/11/16

DEREITOS DOS NENOS E AS NENAS


Como a maioría xa sabedes, todos os anos, o 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Nen@. Como nos din en UNICEF, "é un día para chamar a atención sobre a situación dos nen@s máis desfavorecidos e dar a coñecer os dereitos da infancia lembrándoos que todos os nen@s teñen dereito á saúde, á educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran".

Nas titorías estívose vendo cales eran eses dereitos:





21/11/16

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

O venres once de novembro, celebramos no cole a tradicional festa do Magosto, con castañas e bocatas de chourizo co rico pan de Neda.


PASÁMOLO FENOMENAL.




16/11/16

RECEITAS DE OUTONO


Entre todas as clases, coa colaboración das familias, fixemos un chulísimo libro de receitas de outono. Aquí vos deixamos algunhas das receitas para ir abrindo boca:



QUE VOS PARECEN?

5/11/16

CONCURSO DE CABAZAS

Un ano máis, celebramos no cole o CONCURSO DE CABAZAS. Cada ano é máis difícil elexir as tres gañadoras porque todas son unha preciosidade. Os nenos e nenas e as súas familias fan gala dunha creatividade incrible.

Aquí podedes ver algunhas destas fermosas e terroríficas cabazas:





A que son todas unha preciosidade, non si?

Despois de moito deliberar, as tres cabazas gañadoras dun vale por un libro son:

- A tumba de Ainara de terceiro:


- O espantallo de Lucía de quinto:


- E a parturienta de Antía de terceiro:


Todos os participantes levaron para a súa casa un diploma acreditativo da súa participación no concurso:



A nosa máis sinceira noraboa a tod@s!!!!!!!


19/10/16

BUSCANDO RECURSOS PARA O OUTONO?

Estás buscado recursos para traballar o outono na túa clase? Clica na imaxe e poderás aceder a moitos e variados recursos sobre o outono.


1/10/16

CONTACONTOS NA CASA DA CULTURA


Un ano máis, dentro do programa "LER CONTA MOITO", fomos á Casa da Cultura de Neda a unha sesión de contacontos: "Contos de marmeleiro: anís e limón" con Marisa Irimía.
Durante preto dunha hora, disfrutamos dos catro contos que nos contou: "César Pompeia", "O galiñeiro de Ramón", "O capitán" e por último "A bruxa".

A case todos, gustounos moitísimo o primeiro, que trataba dun neno cun cú grandísimo que se portaba moi mal. Así que o cú, un bo día, canso de que lle deran azoutas, foise. Cando César viu que sen cú non podía facer case nada, decidiu portarse ben e o se cú voltou.

Aquí tedes algunha fotiña:






PASÁMOLO FENOMENAL!!!!!

30/6/16

FELICES VACACIÓNS!!!!!

Desde o Equipo de Dinamización e Normalización en Lingua Galega queremos desexarvos a tod@s... MOI FELIZ VERÁN!!!!!!


DISFRUTADE DUNHAS MERECIDAS VACACIÓNS!!!!!


22/6/16

FESTA FINAL DE CURSO

Un ano máis, grazas a colaboración da ANPA, no centro poidemos disfrutar dunha gran despedida final con distintos obradoiros e xogos. Non faltou de nada:

- Tiro ao arco:
- Paracaídas:
- Carreiras:
- O tirasoga:
- O tres en raia:
- Circuito con auga:
- O pictionary con partes do corpo:

QUE DIVERTIDO!

24/5/16

FESTA KIWI

Hai uns días, enterámonos de que o noso centro foi un dos tres colexios gañadores en España, dunha festa Kiwi pola participación do alumnado do sexto no concurso "FROITA, UN BOTÍN SABOROSO".

Así que, o 19 de maio, recibimos a visita de Peter e dúas animadoras, que nos fixeron pasar un gran ratiño entretido con todos os xogos populares que traían e tamén disfrutar de todos os kiwis que quixemos. Foi sen dúbida algunha, unha gran e divertida festa.

Clicade na imaxe para ver as fotos

Neste xornal, podedes ver todo o que fixeron os de sexto para dito concurso:

20/5/16

LETRAS GALEGAS 2016


Estes días, no centro, estamos a aprender moitas cousas sobre a vida e obra de Manuel María, o autor homenaxeado este ano no día das letras galegas. Con todo o que aprendimos, os de sexto, fixeron este video da súa biografía, tomando imaxes da páxina web CASA MUSEO MANUEL MARÍA.



E o día 20 pola tarde, fixemos un gran festival no patio cuberto, no que no faltou de nada: cancións, poemas, obras de teatro,.... PASÁMOLO MOI BEN:

10/5/16

CORRELINGUA


Hoxe celebrouse en Ferrol o Correlingua para reivindicar un ano máis o uso do galego entre os rapaces e rapazas da nosa comunidade.

A diferencia do ano pasado, este ano fomos todas as clases do centro. Sobre as dez e cuarto partimos cara o paseo marítimo de Caranza. Alí, xuntámonos con centos de compañeiros e compañeiras de distintos centros da comarca como Centieiras, Os Casais. Terra de Ferrol, ... e fixemos unha camiñata ata o Auditorio Municipal.


Unha vez dentro, o grupo TALÍA TEATRO, fixo as tarefas de presentación: 


A continuación, dúas rapazas e un rapaz de quinto ( Lucía, Claudia e Borja) e Sara Montagut de sexto, subiron ao escenario a ler o Manifesto Gañador deste ano, escrito polo alumnado de portugués de 4º da ESO do IES de Ribadeo, Dionisio Gamallo. Podedes ler o texto do mesmo clicando AQUÍ.


Neste video podedes ver unha parte da lectura do manifesto xa que por motivos técnicos no podemos ter a lectura completa:



E xa para rematar, todos poidemos disfrutar da actuación do grupo musical: "GRAMOLA GOMINOLA":
Aquí vos deixamos o video promocional do grupo:

2/5/16

2021: UNHA ODISEA NA TERRA


A semana pasada, a ANPA convidou ao alumnado do segundo e do terceiro ciclo de Primaria, a asistir ao Pazo da Cultura de Narón para ver a obra de teatro: "2021: Unha odisea na terra", unha obra escrita e dirixida por Xosé Luis Prieto e interpretada pola Escola de Teatro de Narón.

Durante preto dunha hora, poideron disfrutar dunha fantástica obra que ten na contaminación o tema central, abordando tamén de xeito transversal a educación vial ensinándolles aos rapaces que teñen que poñer casco ou como teñen que tomar as rotondas entre outras cousiñas. Aquí vos deixamos unha sinopse da obra:

SINOPSE: No ano 2021, unha súbita contaminación masiva provocada por "OS OUTROS" fai que haxa que evacuar a toda a poboación terrestre a Marte. Na Terra só quedan catro "ESCOLLIDOS" coa misión de investigar as causas de tal desastre ambiental e poder así salvar o Planeta. Durante esta importante misión, estos "Escollidos" terán que enfrontarse a moitas situacións arriscadas.

27/4/16

CERTAME DE CREACIÓN ARTÍSTICA POESÍA E IMAXE


Este curso, case todas as clases do centro participaron no Certame de Creación Artística de Poesía e Imaxe que este ano vai xa pola XVI edición. Este certame, promovido pola coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol, consiste en poñer unha imaxe (fotografía, debuxo, collage,...) a uns versos ou parágrafos escollidos entre 30 textos de distintos autores e autoras do mundo e en diferentes linguas (xaponés, portugués, catalán, inglés, galego,...).

Como expoñen desde o departamento de GNL de Ferrol: "Esta actividade escolar ten por finalidade que os alumnos e as alumnas dos centro de ensino de Ferrol e da comarca coñezan a realidade plurilingüe do mundo da que forman parte con lingua propia".

Pois ben, hai uns días chegounos a agradable noticia de que unha rapaza do noso centro, Estela Casteleiro de sexto de Educación Primaria, resultou unha das gañadoras da súa categoría con este debuxo:


Aquí a temos recollendo o seu premio no Centro Cultural Carvalho Calero:


NORABOA ESTELA!

26/4/16

DÍA DO LIBRO

Como xa todos sabedes, o 23 de abril, celébrase o día do libro. Como este ano coincidiu en sábado, no centro celebrámolo en dos días: o xoves 21 e o luns 25.

O xoves, os rapaces e rapazas de cuarto, quinto e sexto de primaria, fixeron un apradiñamento lector aos máis peques do cole. Ollade, ollade:


E onte, fíxose  o II Mercadillo de Libros da Maciñeira. Voluntariamente cada rapaz e rapaza, trouxo ao centro un ou dous libros polos que recibían un vale para cambiar por outro/s no mercadillo. Foi todo un éxito!!!!


MOI FELICES LECTURAS PARA TOD@S!

20/4/16

XORNADA DE CONVIVENCIA E TEATRO CON G



Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, tivo unha xornada de convivencia no Centro de Educación Especial Terra de Ferrol.
Durante a visita, ademais de facer un percorrido polas distintas instalacións , acompañaron aos nenos e nenas do centro a ver a obra de tatro: "O sapo encantado" a cargo de Títeres Tres Globos. Na obra, Leticia todo noticia, conta como o Príncipe Croberto, convertido en sapo pola bruxa Maleira, busca desesperadamente unha princesa que lle dea un bico de amor para desfacer o maleficio. Pasaron un ratiño moi entretido.


Podedes ver máis fotos no blog do terceiro ciclo:
http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2016/04/xornada-de-convivencia-no-cee-terra-de.html