25/3/16

CONCURSO MORTADELO E FILEMÓN EN FENICIA

O pasado 16 de marzo, os alumnos de sexto de Educación Primaria, acudiron coa súa titora ao Museo do Humor en Fene, para recoller o accesit que gañaron polo  cómic que fixeron para o concurso Mortadelo e Filemón en Fenicia:




Este é o cómic co que acadaron o premio:


A nosa noraboa para tod@s!!!!!!

DECORACIÓN INVERNAL



21/3/16

DÍA DA POESÍA

O venres pasado, celebramos o día da poesía, no patio cuberto, lendo unha selección de poemas algúns de de grandes poetas galegos e outros inventados.

Ollade, ollade:



Os de sexto, inventaron uns haikus primaverais en galego cos que fixeron unha chuvia de versos:


13/3/16

SEMANA DA PRENSA


A semana pasada foi a Semana da Prensa aquí en Galicia. Desde o equipo da Biblioteca e o de Dinamización da lingua galega, propuxemos facer un xornal colectivo entre todas as clases repartindo as distintas seccións. Así:

- Os de tres e catro anos elexiron a sección de deportes
- Os  de 5 anos, as novas sobre Neda e comarca
- Os de primeiro os pasatempos
- Os de segundo a portada,
- Os de terceiro as novas nacionais,
- Os de cuarto a sección de cultura,
- Os de quinto o tempo e para rematar
- Os de sexto os anuncios.

Ollade que bonito quedou:

E así está exposto no corredor do cole: