23/3/17

IMOS SAÍR NA TVG!!!!

O pasado venres, a produtora Pórtico, responsable do programa "Grandes Lugares", da Televisión de Galicia, gravou no noso cole un dos seus episodios sobre a Mourela e a figura de Leandro Lamas, pintor moi coñecido da zona que ademais é o mestre da actividade extraescolar de pintura e debuxo no noso centro.

Aquí podedes ver algúns momentos da gravación que tivo lugar na aula de 4º de Educación Primaria:





Dentro de dous meses máis ou menos, sairá a gravación na TVG. Xa vos avisaremos.

8/3/17

8 DE MARZO


Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, esta semana os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria, estiveron  investigando a vida de dez mulleres importantes na historia de Galicia, para reivindicar unha vez máis a igualdade de xénero que é algo que xa se traballa ao longo de todo o ano.

Primeiro, cada un  fixo un debuxo da protagonista da súa investigación:


A continuación, fixeron unha presentación co Impress (software libre similar ao Power Point) coa información máis relevante de cada personaxe:


E por último, cos seus debuxos xeraron uns códigos QR con UNITAG que redireccionaron á súa diapositiva para poder ler unha pequena biografía:


Para ver se funcionaban, utilizaron o móbil da súa profe e con el  "leron" os códigos coa aplicación gratuita I-nigma  pero hai moitos máis como Beetag , Up-Code, QuickMark, ...










Esta é a presentación que fixeron para que poidamos saber quen é cada unha e por que lles parecen mulleres  dignas de pertencer á historia galega:


3/3/17

FESTIVAL DE ENTROIDO

O venres pasado celebramos o festival do Entroido. Pola pasarela do noso patio cuberto, desfilaron:

- As antorchas de Educación Infantil





- Os lanzadores de peso de 1º de E.P.



- Os nadador@s de 2º de E.P.



- Os boxeador@s de 3º de E.P.



- Os xogadores de esgrima de 4º de E.P.



- As medallas, medallistas e xuíces de 5º de E.P.



- E os de halterofilia e outros deportes de 6º de E.P.



 E por suposto non podía faltar a nosa mascota Geruso:



Despois do desfile, degustamos unhas riquísimas orellas e rosquillas que unha vez máis nos trouxo a ANPA:



E para finalizar queimamos o precioso MECO da "Patrulla canina":