20/11/21

OS NOSOS DEREITOS

 


Nas clases estivemos a falar non só dos dereitos senón tamén dos deberes que todos os nenos e nenas deben cumprir e eleximos seis deles para representalos. 

-  Dereito a ter un fogar


-  Dereito a ter unha familia


- Dereito a xogar


- Dereito a ter un nome e unha nacionalidade


Dereito a non ser explotado


-   Dereito á protección contra o abandono


E finalmente, con todos estes dereitos fixemos "A casa dos nosos dereitos" na que colocamos detrás de cada fiestra e porta os dereitos que debuxamos:


QUE VOS PARECE?

17/11/21

IMOS AO TEATRO: ROSALÍA

 


Os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria foron hoxe ao teatro ao Pazo da Cultura de Narón a ver a obra "Rosalía" do grupo  Culturactiva.

A obra trataba da vida de Rosalía de Castro cando era nena antes de convertirse na gran escritora que foi.


Imaxe:https://www.culturactiva.org/es/espectaculo/rosalia

Aquí vos deixamos un trailer da mesma:

31/10/21

SAMAÍN

 

O venres,  celebramos no cole o Samagostín unha mestura de Samaín e Magosto. Uns días antes, entre todas as clases, decoramos os corredores e as ventás. 







Ademais ao longo da semana, os nenos e nenas maiores foron canda aos pequenos a contarlles contos de medo. Por exemplo,os nenos de quinto de primaria fixeron coas súas voces, esta montaxe do conto: "Onde viven os monstros" para os nenos e nenas de 1º e 2º de EP:


Ollade que atentos estaban:



FELIZ NOITE DE SAMAÍN!



6/10/21

O RÍO BELELLE AO NATURAL

O profesor Lois Anxo Rodríguez que é o autor dunha guía titulada "O río Belelle ao natural" veu hoxe ao noso centro a visitar aos alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria.

Primeiro deulles unha charla sobre o ecosistema do río:




Ao finalizar, agasallounos cun exemplar da súa guía e non só iso senón que tamén llelo asinou a tod@s:


 Pero a cousa non quedou aí. A
 continuación levounos ao río onde se convertiron en científicos por un día. 

Primeiro baixaron á beira do Belelle e alí coa axuda de Lois, colleron distintos invertebrados. Despois utilizaron estes invertebrados como bioindicadores para analizar a calidade das augas do río, e sabedes que? Pois resultou que as augas do noso río son excelentes.

Tamén deron un pequeno paseo no que colleron follas das árbores próximas ao río. Había moitísimas: carballos, ameneiros, freixos, abeleiras, salgueiros, ... Coa axuda da guía, identificaron todas as follas e tamén as clasificaron. Lois contoulles que antes coa madeira desas arbores facíanse zocas e tamén pezas para os carros. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das fotos que sacamos:


PASÁRONO FENOMENAL!

16/5/21

LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS

Como xa todos sabedes, este ano o día das Letras Galegas adícase a Xela Arias, poeta, tradutora e mestra de Lingua Castelá que naceu en Sarria (Lugo).

Nas clases, estivemos aprendendo moitas cousas sobre a súa vida e a súa obra grazas ao SEMINARIO GALÁN e á páxina da Real Academia Galega,  PRIMAVERA DAS LETRAS e ademais entre todos fixemos este fermoso mural que adorna a entrada do noso centro:

 Gústavos?

28/3/21

OS BOLECHAS NO CEIP DE MACIÑEIRA

Como xa todos sabedes, a RTVG2 emitiu este sábado o capítulo do seu programa Os Bolechas no cole adicado ao noso colexio. Podedes ver o programa clicando no enlace de abaixo:

Os Bolechas no CEIP de Maciñeira

Nós enviámoslles moito material pero se ve que por falta de tempo non puideron emitir todo. Por iso, dende o cole, queremos presentarvos en exclusiva ... O VIDEO COMPLETO CO TRABALLO QUE PREPARARON  TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE. Non vos perdades o saúdo e despedida dos máis pequerrechos, os nen@s de EI de 3 e 4 anos.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!!!

21/3/21

DÍA DA POESÍA

 


Polo día da Poesía todas as clases recitaron poemas propios ou alleos, en galego ou en castelán.

Podedes velos todos no blogue da Biblioteca:

Bibliomaci

12/3/21

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo celébrase en Galicia a semana da prensa. Este ano decidimos facer entre todas as clases un xornal virtual "As novas de Maciñeira" onde poñer todas as nosas noticias. 

E este foi o resultado:

Hecho con Padlet

25/2/21

DÍA DE ROSALÍA


Polo día de Rosalía, fixemos un mural xigante con fotos imitando algunhas da vida de Rosalía de Castro:




 

Ademais algunhas clases fixeron a súa caricatura e/ou decoraron a portada dun dos seus libros máis coñecidos:





Tamén coñecimos a súa vida gracias ao traballo do Seminario Galán.

13/2/21

O ENTROIDO NO COLE

Video resumo do Entroido no noso cole:

 

Podedes ver as fotos que temos ata o momento na galería:

 

ENTROIDO 2021

 

Vémonos o 18 de febreiro.

FELIZ ENTROIDO!!!!!!

30/1/21

O TREN DA PAZ

Polo día da Paz, cada clase decorou un vagón para facer un gran tren da paz. Ollade que bonitos quedaron os vagóns!!!!

6/1/21

VISITA DOS REIS MAGOS

 

Imaxe de Mónica Carretero

Antes das vacacións de Nadal, no cole tivemos unha visita moi especial. Nin máis nin menos que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

Este ano por mor do coronavirus non puidemos xuntarnos todos pero cada clase pasou a deixar as súas cartas no Buzón Real e a falar con eles.