O venres, celebramos no cole o Samagostín unha mestura de Samaín e Magosto. Uns días antes, entre todas as clases, decoramos os corredores e as ventás.
O venres, celebramos no cole o Samagostín unha mestura de Samaín e Magosto. Uns días antes, entre todas as clases, decoramos os corredores e as ventás.
Queredes ver as arrepiantes cabazas que trouxeron os nenos e nenas do cole? Ollade,ollade.
O profesor Lois Anxo Rodríguez que é o autor dunha guía titulada "O río Belelle ao natural" veu hoxe ao noso centro a visitar aos alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria.
Primeiro deulles unha charla sobre o ecosistema do río:
Primeiro baixaron á beira do Belelle e alí coa axuda de Lois, colleron distintos invertebrados. Despois utilizaron estes invertebrados como bioindicadores para analizar a calidade das augas do río, e sabedes que? Pois resultou que as augas do noso río son excelentes.
Tamén deron un pequeno paseo no que colleron follas das árbores próximas ao río. Había moitísimas: carballos, ameneiros, freixos, abeleiras, salgueiros, ... Coa axuda da guía, identificaron todas as follas e tamén as clasificaron. Lois contoulles que antes coa madeira desas arbores facíanse zocas e tamén pezas para os carros. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das fotos que sacamos: