30/11/22

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 


Para poñer en valor o uso da nosa lingua no ámbito científico e tecnolóxico durante  o mes de novembro invitamos a tódolos nenos e nenas do cole a que nos mandasen un video cun  experimento científico feito en familia.

E istos son os que recibimos:

Hecho con Padlet

25/11/22

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Co obxectivo de previr a Violencia de Xénero tamén dende a escola, no centro ao longo destas semanas estivemos a traballar sobre este tema.

Fixemos murais e carteis reivindicativos:




Participamos no IV ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO financiado pola Deputación da Coruña axudando a gravar este video no que saen os alumnos de 5º e 6º de EP:

E tamén na marcha Contra a Violencia de Xénero que organizou o Concello de Neda:



8/11/22

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

 


Polo San Martiño os nenos e nenas de Educación Infantil 4 anos, grazas as aportacións dunha familia, fixeron unha exposición de buxainas na súa clase.

Aprenderon como se pon a corda arredor do peón con este sinxelo xogo:



E recibiron a visita de outros nenos e nenas do cole, como estes de sexto, para non só ver a exposición senón tamén probar a bailar as buxainas:








Que divertido!

29/10/22

CELEBRANDO O SAMAGOSTÍN

Onte celebramos no centro a festa do SAMAGOSTÍN . Ademais da exposición de cabazas que vos amosamos nunha entrada anterior, xogamos a xogos terroríficos tradicionais no patio cuberto:

A ANPA organizounos un obradoiro de chapas, calcamonías e experimentos:

E para rematar comimos ricas castañas asadas e boliños preñados cortesía tamén da ANPA:

Podedes ver todas as fotos da xornada, na galería da páxina web do cole ou premendo na seguinte ligazón:

SAMAGOSTÍN 2022

27/10/22

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 Un ano máis polo SAMAGOSTÍN ( a nosa festa mestura de Samaín e Magosto) fixemos a nosa tradicional exposición de cabazas.

Ollade que arrepiantes son!















18/5/22

LETRAS GALEGAS 2022

Este ano o día das Letras Galegas adícase ao autor Florencio Delgado. Nas clases estivemos a aprender cousiñas sobre a súa biografía utilizando unha vez máis os recursos que pon á nosa disposición o Seminario Galán




Ademais, cada neno e nena do colexio escribiu nun pequeno papel a súa palabra favorita en galego. E con todas elas fixemos o mural das nosas palabras favoritas en galego:




Pero iso non foi todo. Ademais decoramos unha prenda de vestir e nela escribimos o título dun poema, unha estrofa, ...  Como estas de quinto de primaria con poemas de Florencio:


Metímolas todas dentro da lavadora:



E rematamos poñéndoas todas a secar polos corredores do cole: 
 
 

25/4/22

DÍA DO LIBRO

 

Polo día do libro, todo o centro fixemos un mural no que colocamos por unha banda o último libro que limos e pola outra o que nos gustaría ler.


28/3/22

PAPÁ CANIBAL

 

Se a semana pasada nos visitou Andrea Maceiras, hoxe tocoulle o turno a Antonio M. Fraga. Durante preto dunha hora, Antonio amosounos algúns dos lugares nos que se inspirou para a súa obra "Papa canibal" o segundo dos libros que limos no Club de Lectura, falounos de como se lle ocurreu escribir o libro, animounos a escribir e incluso nos ensinou como cantaba Fedora!!!!! 

E ao final, antes de irse, adicou o seu libro a tod@s.

23/3/22

ANDREA MACEIRAS E A FOLLA AZUL


 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria recibiron a visita de Andrea Maceiras a autora do primeiro libro que leron no Club de Lectura deste ano: A folla azul.

Durante preto dunha hora Andrea falou do seu libro e cunha fermosa presentación fixo adentrar aos rapaces/as na selva e sentir moita das cousas que nela había.

Ao rematar, firmou os nosos libros e como non, sacou unha foto de grupo.