28/3/22

PAPÁ CANIBAL

 

Se a semana pasada nos visitou Andrea Maceiras, hoxe tocoulle o turno a Antonio M. Fraga. Durante preto dunha hora, Antonio amosounos algúns dos lugares nos que se inspirou para a súa obra "Papa canibal" o segundo dos libros que limos no Club de Lectura, falounos de como se lle ocurreu escribir o libro, animounos a escribir e incluso nos ensinou como cantaba Fedora!!!!! 

E ao final, antes de irse, adicou o seu libro a tod@s.

23/3/22

ANDREA MACEIRAS E A FOLLA AZUL


 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria recibiron a visita de Andrea Maceiras a autora do primeiro libro que leron no Club de Lectura deste ano: A folla azul.

Durante preto dunha hora Andrea falou do seu libro e cunha fermosa presentación fixo adentrar aos rapaces/as na selva e sentir moita das cousas que nela había.

Ao rematar, firmou os nosos libros e como non, sacou unha foto de grupo.


8/3/22

CARTELEIRA MULLERES DE CINE

 


Polo día da muller traballadora, e dado que estamos co proxecto do cine, entre todas as clases creamos unha carteleira de mulleres de cine. Cada clase investigou sobre unha ou varias mulleres (dependendo da clase) relacionadas co cine: directoras, actrices, guionistas,...