8/3/18

8 DE MARZO: REIVINDICANDO OS NOSOS DEREITOS


Os nenos e nenas de 5º e 6º, foron á Casa da Cultura de Neda, xunto con outros alumn@s do CEIP de San Isidro e do IES Fernando Esquío, para facer unha simulación dun Pleno Extraordinario polo Día da Muller no que reivindicar os dereitos de todas as mulleres.

Acompañadas polo Secretario do Concello, sentáronse ao redor da mesa, a Alcaldesa Paz, a Secretaría Celtia e once Conselleiras: Enma, Alba, Aitana, Carmen, Ainoa, Inés, Sara, Andrea, Érika, Lucía e Laura.


Aquí vos deixamos o audio do Pleno no que pedimos pola igualdade de salarios, rotura do teito de cristal, contra a violencia de xénero, pola nosa liberdade, pola eliminación de etiquetas sexistas e estereotipos e moitas cousas máis. Oide atentamente:



Unha foto de grupo tomada da páxina Web do Concello coas alcadesas dos tres colexios e as súas concelleiras:


E outra con todas os nenos e nenas que foron aos Plenos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario