6/10/21

O RÍO BELELLE AO NATURAL

O profesor Lois Anxo Rodríguez que é o autor dunha guía titulada "O río Belelle ao natural" veu hoxe ao noso centro a visitar aos alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria.

Primeiro deulles unha charla sobre o ecosistema do río:




Ao finalizar, agasallounos cun exemplar da súa guía e non só iso senón que tamén llelo asinou a tod@s:


 Pero a cousa non quedou aí. A
 continuación levounos ao río onde se convertiron en científicos por un día. 

Primeiro baixaron á beira do Belelle e alí coa axuda de Lois, colleron distintos invertebrados. Despois utilizaron estes invertebrados como bioindicadores para analizar a calidade das augas do río, e sabedes que? Pois resultou que as augas do noso río son excelentes.

Tamén deron un pequeno paseo no que colleron follas das árbores próximas ao río. Había moitísimas: carballos, ameneiros, freixos, abeleiras, salgueiros, ... Coa axuda da guía, identificaron todas as follas e tamén as clasificaron. Lois contoulles que antes coa madeira desas arbores facíanse zocas e tamén pezas para os carros. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das fotos que sacamos:


PASÁRONO FENOMENAL!

No hay comentarios:

Publicar un comentario