27/4/16

CERTAME DE CREACIÓN ARTÍSTICA POESÍA E IMAXE


Este curso, case todas as clases do centro participaron no Certame de Creación Artística de Poesía e Imaxe que este ano vai xa pola XVI edición. Este certame, promovido pola coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol, consiste en poñer unha imaxe (fotografía, debuxo, collage,...) a uns versos ou parágrafos escollidos entre 30 textos de distintos autores e autoras do mundo e en diferentes linguas (xaponés, portugués, catalán, inglés, galego,...).

Como expoñen desde o departamento de GNL de Ferrol: "Esta actividade escolar ten por finalidade que os alumnos e as alumnas dos centro de ensino de Ferrol e da comarca coñezan a realidade plurilingüe do mundo da que forman parte con lingua propia".

Pois ben, hai uns días chegounos a agradable noticia de que unha rapaza do noso centro, Estela Casteleiro de sexto de Educación Primaria, resultou unha das gañadoras da súa categoría con este debuxo:


Aquí a temos recollendo o seu premio no Centro Cultural Carvalho Calero:


NORABOA ESTELA!

26/4/16

DÍA DO LIBRO

Como xa todos sabedes, o 23 de abril, celébrase o día do libro. Como este ano coincidiu en sábado, no centro celebrámolo en dos días: o xoves 21 e o luns 25.

O xoves, os rapaces e rapazas de cuarto, quinto e sexto de primaria, fixeron un apradiñamento lector aos máis peques do cole. Ollade, ollade:


E onte, fíxose  o II Mercadillo de Libros da Maciñeira. Voluntariamente cada rapaz e rapaza, trouxo ao centro un ou dous libros polos que recibían un vale para cambiar por outro/s no mercadillo. Foi todo un éxito!!!!


MOI FELICES LECTURAS PARA TOD@S!

20/4/16

XORNADA DE CONVIVENCIA E TEATRO CON G



Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, tivo unha xornada de convivencia no Centro de Educación Especial Terra de Ferrol.
Durante a visita, ademais de facer un percorrido polas distintas instalacións , acompañaron aos nenos e nenas do centro a ver a obra de tatro: "O sapo encantado" a cargo de Títeres Tres Globos. Na obra, Leticia todo noticia, conta como o Príncipe Croberto, convertido en sapo pola bruxa Maleira, busca desesperadamente unha princesa que lle dea un bico de amor para desfacer o maleficio. Pasaron un ratiño moi entretido.


Podedes ver máis fotos no blog do terceiro ciclo:
http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2016/04/xornada-de-convivencia-no-cee-terra-de.html