30/11/22
MES DA CIENCIA EN GALEGO
25/11/22
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co obxectivo de previr a Violencia de Xénero tamén dende a escola, no centro ao longo destas semanas estivemos a traballar sobre este tema.
Fixemos murais e carteis reivindicativos:
Participamos no IV ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO financiado pola Deputación da Coruña axudando a gravar este video no que saen os alumnos de 5º e 6º de EP:
E tamén na marcha Contra a Violencia de Xénero que organizou o Concello de Neda:
8/11/22
POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO
Polo San Martiño os nenos e nenas de Educación Infantil 4 anos, grazas as aportacións dunha familia, fixeron unha exposición de buxainas na súa clase.
Aprenderon como se pon a corda arredor do peón con este sinxelo xogo:
E recibiron a visita de outros nenos e nenas do cole, como estes de sexto, para non só ver a exposición senón tamén probar a bailar as buxainas:
29/10/22
CELEBRANDO O SAMAGOSTÍN
Onte celebramos no centro a festa do SAMAGOSTÍN . Ademais da exposición de cabazas que vos amosamos nunha entrada anterior, xogamos a xogos terroríficos tradicionais no patio cuberto:


A ANPA organizounos un obradoiro de chapas, calcamonías e experimentos:

E para rematar comimos ricas castañas asadas e boliños preñados cortesía tamén da ANPA:

Podedes ver todas as fotos da xornada, na galería da páxina web do cole ou premendo na seguinte ligazón:
SAMAGOSTÍN 2022
27/10/22
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Un ano máis polo SAMAGOSTÍN ( a nosa festa mestura de Samaín e Magosto) fixemos a nosa tradicional exposición de cabazas.
Ollade que arrepiantes son!







%20-%20Google%20Chrome.jpg)



















.jpg)