E por fin chegou a festa onde ademais de degustar ricas castañas, tamén disfrutamos do boísimo pan de Neda con chourizos asados no forno:
Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas
12/11/18
MAGOSTO 2018
Ademais do día do Peón, o pasado venres celebramos o Magosto. Na clase de plástica fixéronse cestiños ou cucuruchos:fixemos uns cestiños aproveitando unhas caixas de plástico que gardamos o ano pasado cando tivemos a semana da froita:
Tamén decoramos a silueta dunha castaña expresando emocións diferentes para adornar o centro:
Podedes ver máis fotos da festa na páxina web do cole:
19/11/17
MAGOSTO 2017

O pasado dez de novembro, disfrutamos no colexio da tradicional festa do Magosto. Comezamos ás dez da mañá cun obradoiro de xogos populares organizados por Bea a profesora de Educación Física. Durante aproximadamente dez minutos, cada clase disfrutou de distintos xogos como: o brilé, a buxaina, as chapas, a mariola, os zancos ou o brilé. Pasámolo fenomenal.

Despois, sobre as doce e media, degustamos as ricas castañas e os ricos bocadillos de chourizo con pan de Neda, que esta vez debido á metereoloxía, tiveron que ser asados no forno.
Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración, proporcionando non só as castañas senón tamén repartindo e facendo os bocadillos e o zume.
Podedes ver máis fotos do día na nosa galería de fotos da páxina web do cole:
21/11/16
MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
O venres once de novembro, celebramos no cole a tradicional festa do Magosto, con castañas e bocatas de chourizo co rico pan de Neda.
PASÁMOLO FENOMENAL.
13/11/15
FESTA DO MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
O día 13, celebramos no cole a tradicional festa do Magosto. Foi unha mañá moi divertida na que poidemos degustar non só ricas castañas proporcionadas pola ANPA e asadas polo profe Antonio senón tamén de riquísimos bocadillos de chourizo co delicioso pan de Neda. E na que ademais contamos coa visita nin máis nin menos que de Macín, o mago da nosa biblioteca.
Podedes ver as fotos da xornada no Álbum Picasa do ANPA do cole. Clicade na imaxe:
Ademais, aproveitamos a xornada para celebrar o día do Peón. Todos os nenos e nenas que quixeron trouxeron peóns da súa casa e bailáronnos durante o recreo:
14/11/14
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Clicade na imaxe
E tamén queremos ensinarvos o ben que quedou ilustrado o conto de "María a Castañeira" que fixemos entre todas as clases do cole:
9/11/14
RECURSOS PARA O MAGOSTO
O próximo venres celebraremos no colexio a festa do MAGOSTO. Para ir abrindo boca, aquí vos deixamos estes recursos para traballar esta festa:
- LIBROS LIM:
- VIDEOS:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






