Mostrando entradas con la etiqueta ORDES DO MECO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ORDES DO MECO. Mostrar todas las entradas

20/2/17

ENTROIDO 2017: ORDES DO MECO


Hoxe, cando chegamos ao cole, encontrámonos nin máis nin menos que coa PATRULLA CANINA (feito unha vez máis polas mamás e papás tan traballador@s que temos na ANPA) ,que nos vai a acompañar nas MACIOLIMPIADAS, que é a temática elexida este ano para o noso disfrace por mor do proxecto que estamos a facer dende a biblioteca das OLIMPÍADAS.

Ademais, veu a visitarnos, nin máis nin menos, que unha deportista chegada do lonxano monte Olimpo en Grecia, para dicirnos que tiñamos que traer mañá:


Xa sabedes, mañá todos con algo colorido e elegante na cabeza

3/2/16

ORDES DO MECO DÍA 2

Ollade que pés máis coloridos e orixinais:



E para mañá ...


Ai, ai, mañá hai que traer algo que ... FAGA MOITO RUÍDOOOOOOOO!

2/2/16

ORDES DO MECO DÍA 1

Como somos moi mandadiños hoxe todo o cole veu con algo de cor amarelo:



E a consigna para mañá é:

Que nos poñeremos mañá NOS PÉS?

1/2/16

ORDES DO MECO

Cando chegamos hoxe ao cole, atopámonos coa agradable sorpresa de que as nais e os pais tan colaboradores da ANPA xa tiñan listo o Meco deste ano que ... son nada máis e nada menos que ... OS MINIOOOOOOONS!!!!!!

Ollade que chulísimos lles quedaron:



Ao longo da mañá, todas as clases recibiron a visita dun Minion que lles dou a consigna para mañá:


Xa sabedes, mañá hai que traer... ALGO AMARELO.