25/11/20

NAVEGANDO POLA IGUALDADE

Imaxe de Leandro Lamas

Hoxe, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os nenos e nenas de quinto e sexto (cada curso na súa aula) viron o video "SIRA e a illa, Como mudar o mundo cunha barquiña de papel" unha narración poética de Palmira Castro desde o seu proxecto mimadriña que fomenta a igualdade e a xustiza entre mulleres e homes e entre todos os pobos.

Este video que estivo en aberto do 9 ao 25 de novembro na páxina Defronte.gal. conta a historia dunha nena que sempre tivo claro que quería facer, ser e sentir por ela mesma.

No video Sira soltaba barquiños de papel no mar. Eles tamén fixeron uns fermosos barquiños de papel nos que escribiron palabras bonitas como respecto, amor, amizade, confianza, ... E todos estes barquiños pegáronlos en dous barquiños máis grandes que se puxeron na entrada do noso colexio.



5/11/20

CORRELINGUA

 


Baixo o lema : VINTE CO GALEGO!!!! Hoxe disfrutamos do festival do Correlingua vendo un video en directo en Youtube. Nel disfrutamos coa actuación de CÉ Orquestra Pantasma e co rock and roll do grupo A Gramola Gominola.

 

E para rematar levamos para casa unha bonita bolsa e unha pulseira:

 



31/10/20

SAMAGOSTÍN

 

Fonte da imaxe

Onte no centro celebramos a festa do SAMAGOSTÍN pero por mor do Coronavirus non foi unha celebración coma sempre.

No lugar de xuntarnos todos, celebramos a festa cada un na súa clase: vendo curtametraxes como A Bruxa Regañadentes, Os defuntos falaban castelao ,...


Facendo manualidades:


E comendo as castañas que nos deu a ANPA, iso si, canda un na súa clase e na súa cadeira.

BO SAMAÍN PARA TODOS E TODAS!!!!!


27/10/20

VISITA VIRTUAL Á BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de quinto e sexto de educación primaria fixeron este video cunha visita virtual pola biblioteca do centro :

E tamén un mural coas novas normas por mor do COVID:



4/5/20

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO


Como xa todos sabedes, o17 de maio celebramos en Galicia o día das Letras Galegas. Este curso  debido á pandemia que estamos a padecer o celebraremos dun xeito distinto.

O equipo de Dinamización de Lingua Galega, queremos proporvos algunhas actividades virtuais para que coñezades algo da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero o autor homenaxeado este año.

- O alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de E.P. poderá disfrutar facendo estes CREBACABEZAS de obras do autor:


Só hai que poñerse co rato encima da imaxe elexida e xa nos aparecen as pezas do crebacabezas. Podemos xirar as pezas utilizando as frechas do teclado:


- O alumnado de 4º,5º e 6º de E.P. deberá ser quen de atopar o código segredo que se agocha neste xogo de escape:


REGRAS DO XOGO:

  1. Entrar no xogo clicando na imaxe ou na ligazón que hai debaixo.
  2. Premer enriba de cada apartado: INTRODUCIÓN, MISIÓN (video da vida e obra do homenaxeado) e PERSONAXES.
  3. Unha vez visto o video, premer en EMPEZAR (aquí comezas a viaxe). Terás que responder moitas preguntas do autor homenaxeado. Ao longo das pantallas resoltas irás conseguindo un número. Cando remates toda a viaxe, tes que premer nun cofre. Este cofre levarache a unha imaxe na que terás que poñer o número completo. Este número permitirache atopar os libros de Ricardo Carvalho Calero. Con estas imaxes formaríamos o panel decorativo do colexio, pero como esta vez ten que ser virtual, fai unha foto e envíalla ao teu titor ou titora.

12/3/20

DÍA DA MULLER

Polo día da Muller, cada clase escolleu unha muller célebre para facer un traballo sobre ela utilizando os libros do recanto temático da biblioteca do cole. Despois, colocamos todos os traballos nas fiestras :





10/3/20

ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS


Con motivo do club de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria no que leron o libro "Conta nove estrelas", onte recibimos a visita da súa autora. Ela contounos algunhas curiosidades relacionadas coa obra e os rapaces aproveitaron para facerlle algunhas preguntas que lles xurdiron na lectura da mesma.

29/2/20

DÍA DE ROSALÍA


Para celebrar o día de Rosalía, cada clase decorou unha imaxe de Rosalía e tamén unha peza de crebacabezas cunha estrofa do seu poema "XA SEN RENCOR NIN DESPREZO" de Follas Novas.

Con todas elas, fixemos este bonito mural:


7/1/20

SAMAGOSTÍN II

Celebramos o Samaín con distintos obradoiros: manualidades, música, xogos populares, ... Podedes ver as fotos do día clicando no enlace de abaixo:

SAMAGOSTÍN


Este ano, no centro celebramos xuntos o Magosto e o Samaín. Coma sempre, degustamos unha ricas castañas asadas e tamén como non, uns ricos bocadillos de pan de Neda con chourizo.
Podedes ver as fotos da xornada na nosa galería de fotos e tamén clicando no enlace de abaixo: