29/10/17

PROXECTO GALICIA MÁXICA

Este ano, o proxecto xeral de centro, promovido polos Equipos de Dinamización da Biblioteca e da Lingua Galega,  xira en torno á GALICIA MÁXICA e SERES MITÓLOXICOS que habitan nela.

Todo comezou cando apareceu una carta do Mago macín, enriba dunha mesa de cada clase. Nela nos dicía que este ano iamos aprender moitísimas cousas sobre os Seres Mitolóxicos galegos e para empezar e aproveitando o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, pedíanos dúas cousas:

1º) Que resolvésemos unas adiviñas para saber que seres mitolóxicos imos a coñecer.

2º) Que entre todos debuxásemos á  personaxe da nosa clase e que escribísemos a adiviña sobre ela para o mural colectivo do proxecto.

Grazas a iso, descubrimos que cada unha das clases, ía aprender sobre un personaxe mitolóxico. Os trasnos e o Apalpador en Educación Infantil, os alicornios en 1º, as fadas  en 2º, as xacias e xacios en 3º, as meigas en 4º, o sacaúntos en 5º e o lobishome en 6º.

Así de bonito quedou o mural de tódalas personaxes:




E o recuncho do proxecto:


22/10/17

ODAIKO


O venres, 20 de outubro, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, foron á Casa da Cultura para ver a actuación do grupo percusionista ODAIKO, "Invención".

Durante preto dunha hora, disfrutaron dunha divertidísima posta en escea e ao mesmo tempo da súa gran actuación como percusionistas con caixóns, caixas chinesas, unha marimba, unha batería feita con cubos de plástico, tubos musicais, as mans, os pés, .... que os fixeron vibrar nos asentos.

Pasárono fenomenal.


Aquí vos deixamos un video promocional do grupo para que vexades que ben o fan e que divertidos son.

12/10/17

CONTAMOS E RECOLLEMOS CONTOS NADOS NO CAMIÑO


O pasado xoves, cinco de outubro, as clases de terceiro, cuarto, quinto e sexto do cole, participaron programa: "Contamos e recollemos contos nados no camiño", posto en marcha pola Xunta de Galicia co fin de dar a coñecer o Camiño de Santiago aos escolares de toda a Comunidade e tamén convertilos en contadores daquelas narracións e contos que poidan coñecer os seus familiares, ou que existan nos concellos nos que viven. A actividade consistiu e percorrer a pé un tramo do Camiño Inglés representativo do fito Xacobeo, cercano á ubicación do noso centro.

O bus recolleunos no cole e deixounos preto do Albergue de Peregrinos. Dende alí, acompañados polo coñecido contador de historias Inacio Vilariño e de Mariola, percorreron o Camiño, primeiro ata a Igrexa de Santa María e despois, continuaron un pouquiño máis polo centro do pobo.

Durante a camiñata, fixeron varias paradas nas que Inacio cantou e contou divertidas historias e lendas á vez que lles falaba da importancia do coidado e da conservación das rutas xacobeas e do seu gran valor dende a fauna e a flora ata a toponimia.

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes: 

CONTOS NADOS NO CAMIÑO by Slidely Slideshow