Mostrando entradas con la etiqueta OUTONO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OUTONO. Mostrar todas las entradas
24/9/21
19/11/17
MAGOSTO 2017

O pasado dez de novembro, disfrutamos no colexio da tradicional festa do Magosto. Comezamos ás dez da mañá cun obradoiro de xogos populares organizados por Bea a profesora de Educación Física. Durante aproximadamente dez minutos, cada clase disfrutou de distintos xogos como: o brilé, a buxaina, as chapas, a mariola, os zancos ou o brilé. Pasámolo fenomenal.

Despois, sobre as doce e media, degustamos as ricas castañas e os ricos bocadillos de chourizo con pan de Neda, que esta vez debido á metereoloxía, tiveron que ser asados no forno.
Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración, proporcionando non só as castañas senón tamén repartindo e facendo os bocadillos e o zume.
Podedes ver máis fotos do día na nosa galería de fotos da páxina web do cole:
16/11/17
OUTONOS LITERARIOS
En colaboración con Equipo de Dinamización da Biblioteca, o Equipo de Dinamización en Lingua Galega, organizou a actividade "Outonos Literarios".
Cada curso fixo un libro relacionado coa temática do Outono:
- Os de Educación Infantil, con debuxos de froitas outonais:
- Os de Primeiro , refráns:
- Os de Segundo, adiviñas:
- Os de Terceiro, cantigas:
- Os de Cuarto, poesías:
- Os de Quinto, xogos populares:
- E os de Sexto, contos:
14/11/17
I CONCURSO OUTONOS TERRORÍFICOS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca, este ano celebramos no colexio o primeiro concurso "Outono Terrorífico" no que houbo moitísima participación. Tanta que decidiuse elexir un traballo por cada clase en vez de por "Ciclo".
Despois dunha reñidísima votación pois todos os traballos estaban moi ben feitos, resultaron finalistas: Roque e Inés de E.I. 3 anos, Edgar e Isaac de E.I. 4 anos, Lois e Martín de E.I. 5 anos, Anxo e David de 1º de E.P., Érik e Miriam de 2º de E.P., Nerea e Thais de 3º de E.P., Gabriel e Ainoa de 4º de E.P., Yago e Adrián de 5º de E.P. e Gabriel e Andrea de 6º de E.P.
E finalmente resultaron gañadores: Roque, Edgar, Lois, Anxo, Érik, Nerea, Ainoa, Yago e Andrea:
Os traballos gañadores xa están expostos no corredor principal do centro e aquí volos deixamos para que poidades ver o ben que traballaron tod@s:
Noraboa a tod@s, tanto finalistas como gañadores!!!!!
Cada un dos participantes no Concurso , recibiu este diploma acreditativo da actividade:

21/11/16
MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
O venres once de novembro, celebramos no cole a tradicional festa do Magosto, con castañas e bocatas de chourizo co rico pan de Neda.
PASÁMOLO FENOMENAL.
16/11/16
RECEITAS DE OUTONO
Entre todas as clases, coa colaboración das familias, fixemos un chulísimo libro de receitas de outono. Aquí vos deixamos algunhas das receitas para ir abrindo boca:
QUE VOS PARECEN?
19/10/16
BUSCANDO RECURSOS PARA O OUTONO?
Estás buscado recursos para traballar o outono na túa clase? Clica na imaxe e poderás aceder a moitos e variados recursos sobre o outono.
18/11/15
CONTO COLECTIVO: "ESTRELIÑA"
Ao longo da semana pasada, entre todas as clases do centro inventamos un conto relacionado co Magosto e o outono que titulamos: "Estreliña".
Os encargados de comezar foron os máis peques do cole, a clase de 3 e 4 anos e os de rematalo, os máis maiores, os de sexto de educación primaria.
Todas as clases fixeron un gran traballo. Aquí volo deixamos para que vexades o ben que quedou:
17/11/15
OUTONO NA MACIÑEIRA
Na entrada do colexio, decidimos poñer un mural con aportacións de todas as clases do edificio de primaria é dicir de segundo ata sexto: follas (4º de E.P), caracois (5º de E.P.), ourizos (3º de E.P.), cogumelos (2º de E.P.) e bufos (6º de E.P.).
Ollade que bonito e colorido nos quedou:
Ollade que bonito e colorido nos quedou:
13/11/15
FESTA DO MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
O día 13, celebramos no cole a tradicional festa do Magosto. Foi unha mañá moi divertida na que poidemos degustar non só ricas castañas proporcionadas pola ANPA e asadas polo profe Antonio senón tamén de riquísimos bocadillos de chourizo co delicioso pan de Neda. E na que ademais contamos coa visita nin máis nin menos que de Macín, o mago da nosa biblioteca.
Podedes ver as fotos da xornada no Álbum Picasa do ANPA do cole. Clicade na imaxe:
Ademais, aproveitamos a xornada para celebrar o día do Peón. Todos os nenos e nenas que quixeron trouxeron peóns da súa casa e bailáronnos durante o recreo:
2/11/15
EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS
Ao longo da semana previa á celebración do Samaín, os rapaces e rapazas trouxeron cabazas decoradas da casa coas que se fixo unha exposición á entrada do centro. Ollade que bonitas quedaron todas:
NORABOA ÁS TRES PREMIADAS!
Ai que ver canta creatividade teñen estes rapazas e rapazas e as súas familias!!!!!!
Foi moi difícil elexir as tres gañadoras pois todas eran moi orixinais e estaban moi traballadas. Así que tras unha longa deliberación as tres cabazas gañadoras foron:
1º CABAZA-CEMITERIO de Alba de 3º de Primaria.
2º CABAZA-CASA CORDOBESA de Antía de 2º de Primaria e
3º CABAZA- TRABALLADORA de Blanca de 5º de Primaria.
NORABOA ÁS TRES PREMIADAS!
Así posan de fachendosas cos seus premios (consistentes nun vale para mercar un libro nunha librería) e as súas cabazas e na foto de abaixo coa teacher Uxía que foi a encargada de presentar o acto de entrega:
GRACIÑAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!!
14/11/14
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Clicade na imaxe
E tamén queremos ensinarvos o ben que quedou ilustrado o conto de "María a Castañeira" que fixemos entre todas as clases do cole:
9/11/14
RECURSOS PARA O MAGOSTO
O próximo venres celebraremos no colexio a festa do MAGOSTO. Para ir abrindo boca, aquí vos deixamos estes recursos para traballar esta festa:
- LIBROS LIM:
- VIDEOS:
19/10/14
ÁRBORE DE OUTONO
Para decorar a entrada do colexio , na clase de quinto estiveron a facer o tronco e as ramas dunha árbore utilizando follas de xornais:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















