5/12/18

BRINQUEDOS NA CAPELA


O alumnado de quinto e sexto foron hoxe de excursión ao colexio de A Capela para ver o seu museo de xoguetes tradicionais e xogar a distintos xogos populares.

Primeiro fixeron uns xoguiños de quecemento cos nosos anfitrións de terceiro e cuarto de educación primaria para romper o xeo como a cadea ou caldeiro (o xogo do stop). A continuación, dividíronse en seis grupos e foron rotando polos distintos xogos:

- Tres en raia:


- A rá:
- Os zancos:
- O peón:
- Os aros:
- As lombas:

Pasárono fenomenal!!!!!!!

25/11/18

25 N : Tod@s contra a Violencia de Xénero


No  do CEIP de Maciñeira estamos en contra da Violencia de Xénero por iso, os nenos de quinto e sexto de primaria participaron nunha iniciativa que partiu do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín e dúas mestras do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba e o CEIP Santo Estevo de Parga respectivamente.

A iniciativa consistiu en facer un mural co paxariño de twitter e o hastag #EQUALITER poñendo as mans de cada neno/a en contra a violencia de xénero e gravando un video co slogan.

Esta foi a súa participación individual:

E este é o video final coas aportacións dos 70 colexios participantes:
Ademais, o pasado venres 23 de noviembre, o alumnado de cuarto e quinto, participaron na marcha polo bo trato que un ano máis organizou o Concello de Neda e que polo mal tempo tivo lugar na Casa da Cultura:


12/11/18

MAGOSTO 2018

Ademais do día do Peón, o pasado venres celebramos o Magosto. Na clase de plástica fixéronse cestiños ou cucuruchos:fixemos uns cestiños aproveitando unhas caixas de plástico que gardamos o ano pasado cando tivemos a semana da froita:



Tamén decoramos a silueta dunha castaña expresando emocións diferentes para adornar o centro:




E por fin chegou a festa onde ademais de degustar ricas castañas, tamén disfrutamos do boísimo pan de Neda con chourizos asados no forno:




Podedes ver máis fotos da festa na páxina web do cole:


9/11/18

DÍA DO PEÓN


Hoxe celebramos o día do Peón no cole. Ao longo da semana, nas clases estivemos a decorar uns peóns pequeninos para montar o peón grande que decora a porta do centro e ademais uns peóns de madeira utilizando rotuladores:

PEÓNS DE SEXTO

PEÓNS DE QUINTO

E hoxe pola mañá, fomos por grupos ao patio cuberto . Alí estaban algunhas nais e pais que nos ensinaron como poñer a corda, como agarralo e por suposto como bailalo. A algúns saiunos á primeira, outr@s bailáronos de cú e tamén houbo quen non foi capaz de bailalo pero ... sabedes que? Foi divertidísimo!!!!



4/11/18

PROXECTO DE ARTE


Este ano, o proxecto xeral de centro, promovido polos Equipos de Dinamización da Biblioteca e da Lingua Galega, xira en torno ao ARTE.

Hai uns días, chegaron ás clases unhas notas. Eran do Mago Macín, a mascota da nosa biblioteca. Nela, pedíasenos que polo Día da Biblioteca Escolar, escollésemos unha obra de arte e que inventásemos unha poesía en galego relacionada con ela.

Este é un exemplo das poesías que inventaron os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria a partir dunha obra de Leandro Lamas:



(Pasa o rato por enriba dos poemas para velos a maior tamaño)

1/11/18

SAMAÍN

Onte e antonte celebramos o Samaín no colexio. O martes, como todos os anos, tivemos distintas estacións de 20 min cada unha: xogos de lanzamento e habilidade no ximnasio, obradoiro de monstros na clase de inglés, curtos de medo na biblioteca, xogos musicais na clase de música, obradoiro de caroutas na clase de relixión, xogos en informática, percorrido de cabazas no corridor de entrada e por suposto a atracción estrela de todos os anos: a casa do terror preparada unha vez máis pola ANPA.

Pasámolo todos fenomenal. Ollade, ollade:


SAMAÍN 2018 by Slidely Slideshow

Algúns aproveitamos para entrar dúas veces na casa do terror, unha coa nosa profe e outra cos profes Felipe e Carmen, e temos un video que o demostra. Queredes velo?


FOI TERRORÍFICOOOOOOOOO!

28/10/18

A CIENCIA DE HARRY POTTER


O pasado martes 16 de outubro, dentro do programa "LER CONTA MOITO", os alumnos e alumnas de terceiro, cuarto, quinto e sexto, foron á Casa da Cultura de Neda a disfrutar do espectáculo: "A CIENCIA DE HARRY POTTER" a cargo de David Ballesteros. Tratouse  dun espectáculo-charla científica de inspiración literiaria na que a través de distintos experimentos e desde a óptica da ciencia, David explicoulles algúns dos fenómenos que aparecían na obra de Harry Potter. Os 60 minutos que durou o espectáculo soubéronlles a moi pouco.

Algunhas fotos da charla:


E tamén estes videos que gravamos:



15/5/18

RECURSOS EN GALEGO SOBRE A IDADE MEDIA

- Mapa mental feito con GoConqr. Clica nas frechas de arriba:

Mapa Mental creado con GoConqr por Ana Martínez

- Fichas feitas coa mesma ferramenta:

Conjunto de Fichas creado con GoConqr por Ana Martínez

- Test feito con  QUIZIZZ :



Para entrar, tedes que facer clic na imaxe de arriba ou ir directamente a PLAY QUIZZ e poñer este código:

CORRELINGUA 2018


Hoxe, todos os nenos e nenas do colexio participaron no Correlingua baixo o lema "A LINGUA NON PARA". Erancase 1400 alumn@s de distintos centros de Ferrol e da comarca. Debido á chuvia, non puideron facer a carreira pero si disfrutar das actuacións e da lectura do manifesto gañador dentro do Auditorio de Caranza.

O encargado da presentación foi Cé Orquestra Pantasma:


Primeiro viron os videos gañadores, un dos alumnos de 5º de primaria do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela e outro do CPR Seminario Menor A Inmaculada de Ourense:



A continuación, Celtia, Inés e Andrea de 6º de EP e Paz, Sheila e Alba (xunto con Yago que portaba a pancarta que fixeron os de quinto), subiron ao escenario a ler o manifesto gañador do alumnado de 3º C da ESO do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela:



Imaxes extraídas do Facebook do Correlingua

E léronno así de ben:

Lectura manifiesto Correlingua 2018 from Ana Martínez on Vimeo.

E para finalizar, disfrutaron todos un montón coa actuación do músico Pakolas (Paco Cerdeiras). Aquí vos deixamos o seu video de promoción para os que non o coñezades:

7/5/18

RECURSOS SOBRE A MATERIA


- Test feito con GoConqr sobre as propiedades da materia:

Test creado con GoConqr por Ana Martínez

- Manual de separación de mesturas:


Outra das actividades que fixemos no tema de CCNN sobre a MATERIA, foi desenvolver un MANUAL SOBRE SEPARACIÓN DE MESTURAS.






Aquí vos deixamos as plantillas que preparamos por se alguén lle resultan útiles:

1/5/18

RECURSOS LETRAS GALEGAS


- Biografía feita polos nenos e nenas de quinto de primaria utilizando o programa Crazy Talk 8, as súas voces e unha imaxe que atoparon en internet:



- Videos feitos por Algarabía Animación para a TVG e a Consellería de Cultura sobre a autora homenaxeada:



.

- Recursos do  Seminario Galán:


- Recursos da páxina de PRIMAVERA DAS LETRAS:


- Brincaletras da autora:


28/4/18

SEMANA DO LIBRO


Por mor do día do libro, adicamos a semana do 23 ao 27 de abril aos libros tanto en galego como en castelá.

- Fixemos un programa de radio especial adicado ás novas sobre os Seres Mitolóxicos do noso proxecto: "A Galicia Máxica":



- A IV FEIRA DO LIBRO DE MACIÑEIRA, na que como anos anteriores, cada neno e nena puido traer da súa casa un ou dous libros en galego ou en castelán, para intercambialos por outros do seu stand.


- E tamén apadriñamento lector dos maiores aos máis pequenos no patio do colexio aproveitando o bo tempo:



Na galería de fotos da páxina web do centro, podedes ver esta e máis fotos da actividade:

25/4/18

CONTACONTOS: EU CONTO, TI CANTAS

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, recibiron no cole a visita dun contacontos que lles veu a contar o libro: "Eu conto, ti cantas" de Mª Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas.



22/3/18

DÍA DA ÁRBORE


O terceiro ciclo, celebrou con Cousa de Raíces, unha campaña promovida por unha plataforma de máis de 60 entidades que quere defender a conservación das nosas masas de árbores e o coñecemento sobre a súa necesaria existencia, o día da árbore.

Primeiro pensaron uns lemas para a súa campaña :

" Non destrúas as árbores: son boas e sen elas non podemos vivir "
" Por que plantar eucaliptos cando podes plantar castiñeiros? Apoia o bosque autóctono "
" Coida as árbores. Déixaas medrar "
" Planta unha árbore, planta vida "
" Recicla papel. Axudarás a moitas árbores "

Despois  copiaron o lema, no cartaz da campaña, xunto co nome do noso centro:


A continuación foron ao patio e alí sacarons fotos diante das fermosas árbores que temos nel: