Mostrando entradas con la etiqueta MURAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MURAIS. Mostrar todas las entradas

28/1/19

NELSON MANDELA


Por mor da día da paz, na clase de sexto estiveron investigando sobre a figura de Nelson Mandela, un gran activista pola paz . Fixeron e gravaron a súa biografía para o programa de radio da día do día da paz,  cubriron unha ficha "Se coñecese a Nelson Mandela ...



 E tamén fixeron un mural :


17/11/15

OUTONO NA MACIÑEIRA

Na entrada do colexio, decidimos poñer un mural con aportacións de todas as clases do edificio de primaria é dicir de segundo ata sexto: follas (4º de E.P), caracois (5º de E.P.), ourizos (3º de E.P.), cogumelos (2º de E.P.) e bufos (6º de E.P.).

Ollade que bonito e colorido nos quedou:



2/2/15

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O venres, ao igual que moitos colexios de España, celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ao longo da semana cada neno e nena do centro estivo a facer un ladrillo para elaborar colectivamente un muro de Paz. E o venres, de forma simbólica, un representante de cada clase dende os máis peques aos máis grandes, pegou un ladrillo:

"CONTRUÍNDO A PAZ"



Pero iso non é todo. Ademais aproveitando que no colexio temos emisora de radio, fixemos un PROGRAMA DE RADIO especial adicado á Paz que se poido escoitar en toda Neda no dial 102.0  FM, e no que participaron todas as clases do centro con frases sobre a Paz, poemas, cancións, ... :


E continuamos reuníndonos  todos no patio facendo un círculo, cos máis pequerrechos situados no medio facendo a palabra PAZ, para cantar todos xuntos unha adaptación da  canción "ALL YOU NEED IS LOVE":

19/10/14

ÁRBORE DE OUTONO

Para decorar a entrada do colexio , na clase de quinto estiveron a facer o tronco e as ramas dunha árbore utilizando follas de xornais:



Esta árbore foi enchéndose con follas de todo o alumnado do centro que escribiron nelas poemas (copiados e inventados, adiviñas, refráns, ...). Ollade que bonitiño  quedou: