27/12/17

CALENDARIO MITOLÓXICO


Entre todas as clases , un ano máis fixemos, un calendario do novo ano, esta vez baseado nos seres mitolóxios galegos.

Aquí volo deixamos:



A que é ben bonito?

19/11/17

MAGOSTO 2017


O pasado dez de novembro, disfrutamos no colexio da tradicional festa do Magosto. Comezamos ás dez da mañá cun obradoiro de xogos populares organizados por Bea a profesora de Educación Física. Durante aproximadamente dez minutos, cada clase disfrutou de distintos xogos como: o brilé, a buxaina, as chapas, a mariola, os zancos ou o brilé. Pasámolo fenomenal.



Despois, sobre as doce e media, degustamos as ricas castañas e os ricos bocadillos de chourizo con pan de Neda, que esta vez debido á metereoloxía, tiveron que ser asados no forno.


Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración, proporcionando non só as castañas senón tamén repartindo e facendo os bocadillos e o zume.


Podedes ver máis fotos do día na nosa galería de fotos da páxina web do cole:

16/11/17

OUTONOS LITERARIOS


En colaboración con Equipo de Dinamización da Biblioteca, o Equipo de Dinamización en Lingua Galega, organizou a actividade "Outonos Literarios".

Cada curso fixo un libro relacionado coa temática do Outono:

- Os de Educación Infantil, con debuxos de froitas outonais:

- Os de Primeiro , refráns:

- Os de Segundo, adiviñas:

- Os de Terceiro, cantigas:

- Os de Cuarto, poesías:

- Os de Quinto, xogos populares:

- E os de Sexto, contos:

14/11/17

I CONCURSO OUTONOS TERRORÍFICOS


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca, este ano celebramos no colexio o primeiro concurso "Outono Terrorífico" no que houbo moitísima participación. Tanta que decidiuse elexir un traballo por cada clase en vez de por "Ciclo".

Despois dunha reñidísima votación pois todos os  traballos estaban moi ben feitos, resultaron finalistas: Roque e Inés de E.I. 3 anos, Edgar e Isaac de E.I. 4 anos, Lois e Martín de E.I. 5 anos, Anxo e David de 1º de E.P., Érik e Miriam de 2º de E.P., Nerea e Thais de 3º de E.P., Gabriel e Ainoa de 4º de E.P., Yago e Adrián de 5º de E.P. e Gabriel e Andrea de 6º de E.P.



E finalmente resultaron gañadores: Roque, Edgar, Lois, Anxo, Érik, Nerea, Ainoa, Yago e Andrea:



Os traballos gañadores xa están expostos no corredor principal do centro e aquí volos deixamos para que poidades ver o ben que traballaron tod@s:


Noraboa a tod@s, tanto finalistas como gañadores!!!!!

Cada un dos participantes no Concurso , recibiu este diploma acreditativo da actividade:

12/11/17

CELEBRAMOS O SAMAÍN


O pasado 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Todos os nenos e nenas que quixeron viñeron disfrazados para a ocasión.

3/4 anos:


5 anos:

1º de E.P.

2º de E.P.

3º de E.P.

4º de E.P.

5º de E.P.

6º de E.P.

A media mañá, comezaron os obradoiros. Cada grupo de primaria, dispuxo de vinte minutos, para estar en cada un dos cinco obradoiros.  Como sempre, contamos coa colaboración e participación da ANPA para a realización de dous dos obradoiros: o de maquillaxe e o túnel do terror. Ademais, disfrutamos de curtos de medo na biblioteca (como Fiz o coleccionista de medos, A bruxa regañadentes, a Meiga Chuchona, ...), de xogos monstruosos en informática e de xogos de baile, de puntería  e de equilibrio e precisión, no ximnasio.

QUE BEN O PASAMOS!!!!!!

Podedes ver máis fotos na Galería da páxina Web do noso cole.

5/11/17

CONCURSO DE CABAZAS

Un ano máis celebramos no Centro o tradicional concurso de cabazas. Este ano, houbo cinco premios: dous para infantil (un para cada clase) e tres para primaria.

Estas foron as cabazas participantes:




Como podedes ver, todas son eran moi bonitas e orixinais e por iso a votación estivo moi reñida. Ao final as cinco cabazas gañadoras foron:


- A de Alba de E.I. 4 anos:




- A de Candela de E.I. 5 anos:




- A de Valeria de 2º de E.P.:




- A de Thais de 3º de E.P. :




- E a de Lucía de 6º de E.P.:




Aquí podedes ver ás cinco afortunadas gañadoras, posando coas súas cabazas e os seus vales para cambiar por un libro en galego:




A nosa máis sinceira noraboa para as cinco e moitas grazas a todos os rapaces e rapazas, así como ás vosas familias pola participación no mesmo.

Cada neno e nena participante recibiu un marcapáxinas conmemorativo da súa participación no mesmo.

Este é o modelo para Infantil, 1º e 2º de E.P.:


E este o modelo para os cursos superiores:

DECORACIÓN DE SAMAÍN

Este ano, todas as clases do centro, decidiron decorar as súas portas. Ollade que bonitas quedaron:






29/10/17

PROXECTO GALICIA MÁXICA

Este ano, o proxecto xeral de centro, promovido polos Equipos de Dinamización da Biblioteca e da Lingua Galega,  xira en torno á GALICIA MÁXICA e SERES MITÓLOXICOS que habitan nela.

Todo comezou cando apareceu una carta do Mago macín, enriba dunha mesa de cada clase. Nela nos dicía que este ano iamos aprender moitísimas cousas sobre os Seres Mitolóxicos galegos e para empezar e aproveitando o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, pedíanos dúas cousas:

1º) Que resolvésemos unas adiviñas para saber que seres mitolóxicos imos a coñecer.

2º) Que entre todos debuxásemos á  personaxe da nosa clase e que escribísemos a adiviña sobre ela para o mural colectivo do proxecto.

Grazas a iso, descubrimos que cada unha das clases, ía aprender sobre un personaxe mitolóxico. Os trasnos e o Apalpador en Educación Infantil, os alicornios en 1º, as fadas  en 2º, as xacias e xacios en 3º, as meigas en 4º, o sacaúntos en 5º e o lobishome en 6º.

Así de bonito quedou o mural de tódalas personaxes:




E o recuncho do proxecto:


22/10/17

ODAIKO


O venres, 20 de outubro, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, foron á Casa da Cultura para ver a actuación do grupo percusionista ODAIKO, "Invención".

Durante preto dunha hora, disfrutaron dunha divertidísima posta en escea e ao mesmo tempo da súa gran actuación como percusionistas con caixóns, caixas chinesas, unha marimba, unha batería feita con cubos de plástico, tubos musicais, as mans, os pés, .... que os fixeron vibrar nos asentos.

Pasárono fenomenal.


Aquí vos deixamos un video promocional do grupo para que vexades que ben o fan e que divertidos son.

12/10/17

CONTAMOS E RECOLLEMOS CONTOS NADOS NO CAMIÑO


O pasado xoves, cinco de outubro, as clases de terceiro, cuarto, quinto e sexto do cole, participaron programa: "Contamos e recollemos contos nados no camiño", posto en marcha pola Xunta de Galicia co fin de dar a coñecer o Camiño de Santiago aos escolares de toda a Comunidade e tamén convertilos en contadores daquelas narracións e contos que poidan coñecer os seus familiares, ou que existan nos concellos nos que viven. A actividade consistiu e percorrer a pé un tramo do Camiño Inglés representativo do fito Xacobeo, cercano á ubicación do noso centro.

O bus recolleunos no cole e deixounos preto do Albergue de Peregrinos. Dende alí, acompañados polo coñecido contador de historias Inacio Vilariño e de Mariola, percorreron o Camiño, primeiro ata a Igrexa de Santa María e despois, continuaron un pouquiño máis polo centro do pobo.

Durante a camiñata, fixeron varias paradas nas que Inacio cantou e contou divertidas historias e lendas á vez que lles falaba da importancia do coidado e da conservación das rutas xacobeas e do seu gran valor dende a fauna e a flora ata a toponimia.

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes: 

CONTOS NADOS NO CAMIÑO by Slidely Slideshow

24/9/17

DIVERMAXIA CO MAGO PACO


O pasado luns, dentro do programa "LER CONTA MOITO" cuxo fin é fomentar a lectura e dinamizar as bibliotecas escolares, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria, forib á Casa da Cultura de Neda a ver ao Mago Paco (Fran Otero) e o seu espectáculo Divermaxia: A illa dos nenos.

Ao longo de case hora e media, disfrutaron dun espectáculo de maxia e humor a través de contos como: O capitán Calabrote, Son un artista, A maxia de cores, Tres galiñas e un pavo,... no que algúns dos nenos e nenas do cole participaron activamente convertíndose en magos por uns intres.

Aquí podedes ver algunhas fotos:


(Podedes ver a presentación a pantalla completa, poñendo o rato enriba e clicando nos dous recadros de abaixo á dereita)

20/5/17

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS


Celebramos o festival con canciones, contos, obras de teatro,....


Podedes ver todas as fotos do festival clicando na imaxe ou no enlace de abaixo:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmacineira/galeria/thumbnails.php?album=8

Proximamente iremos subindo os videos das distintas actuacións

14/5/17

CORRELINGUA 2017



Un ano máis, o noso centro, participou na carreira en prol da nosa Lingua, este ano baixo o lema "En galego, sen cancelas".

O pasado venres 12, todas as clases de Educación Infantil e de Educación Primaria, agás 6º, acudimos ao Auditorio de Ferrol onde poidemos escoitar o Manifesto Gañador deste ano e tamén disfrutar da actuación de Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc con cancións como esta:



Aquí vos deixamos algunha fotiño:


11/5/17

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES


A semana que vén, celébrase en toda Galicia o Día das Letras Galegas. Nas distintas clases, estamos a estudar a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Carlos Casares, utilizando o material que unha vez máis pon á nosa disposición o Seminario Galán:



Na clase de 4º de Educación Primaria, ilustraron e gravaron a súa biografía. Ollade que bonito video lles quedou:


GÚSTAVOS?

3/5/17

SEMANA DO LIBRO

Por mor do Día do Libro que foi o domingo 23 de abril, ao longo da seguinte semana celebrámolo no centro facendo distintas actividades.

Comezamos o martes con LECTURAS AO SOL. Todas as clases saíron ao patio na hora de ler para alí ler todos xuntos:



Continuamos o mércores coa visita de Iago López que lles veu a contar aos máis pequerrechos do cole o seu conto  "O COCIÑEIRO MARTIÑO":



Pero aí non remata a cousa. Continuamos o xoves co APADRIÑAMENTO LECTOR dos máis maiores aos nenos e nenas de Educación Infantil:


E xa para rematar, o mércores da semana seguinte, tivo lugar a III FEIRA DO LIBRO DA MACIÑEIRA, cada neno e nena que quixo, trouxo da casa un ou dous libros polos que recibiron uns vales para intercambialos por outros na feira:

MOI FELICES LECTURAS