Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Mostrar todas las entradas

25/11/22

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Co obxectivo de previr a Violencia de Xénero tamén dende a escola, no centro ao longo destas semanas estivemos a traballar sobre este tema.

Fixemos murais e carteis reivindicativos:




Participamos no IV ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO financiado pola Deputación da Coruña axudando a gravar este video no que saen os alumnos de 5º e 6º de EP:

E tamén na marcha Contra a Violencia de Xénero que organizou o Concello de Neda:



25/11/20

NAVEGANDO POLA IGUALDADE

Imaxe de Leandro Lamas

Hoxe, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os nenos e nenas de quinto e sexto (cada curso na súa aula) viron o video "SIRA e a illa, Como mudar o mundo cunha barquiña de papel" unha narración poética de Palmira Castro desde o seu proxecto mimadriña que fomenta a igualdade e a xustiza entre mulleres e homes e entre todos os pobos.

Este video que estivo en aberto do 9 ao 25 de novembro na páxina Defronte.gal. conta a historia dunha nena que sempre tivo claro que quería facer, ser e sentir por ela mesma.

No video Sira soltaba barquiños de papel no mar. Eles tamén fixeron uns fermosos barquiños de papel nos que escribiron palabras bonitas como respecto, amor, amizade, confianza, ... E todos estes barquiños pegáronlos en dous barquiños máis grandes que se puxeron na entrada do noso colexio.



25/11/18

25 N : Tod@s contra a Violencia de Xénero


No  do CEIP de Maciñeira estamos en contra da Violencia de Xénero por iso, os nenos de quinto e sexto de primaria participaron nunha iniciativa que partiu do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín e dúas mestras do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba e o CEIP Santo Estevo de Parga respectivamente.

A iniciativa consistiu en facer un mural co paxariño de twitter e o hastag #EQUALITER poñendo as mans de cada neno/a en contra a violencia de xénero e gravando un video co slogan.

Esta foi a súa participación individual:

E este é o video final coas aportacións dos 70 colexios participantes:
Ademais, o pasado venres 23 de noviembre, o alumnado de cuarto e quinto, participaron na marcha polo bo trato que un ano máis organizou o Concello de Neda e que polo mal tempo tivo lugar na Casa da Cultura:


24/11/15

POLA IGUALDADE, EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO


Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria levando a pancarta que podedes ver arriba, sumáronse invitados polo Concello de Neda, xunto cos nenos e nenas do Instituto Fernando Esquío e o CEIP de San Isidro, á MARCHA POLO BO TRATO, que saiu do Albergue de Pelegríns e foi por todo o paseo marítimo ata chegar ao Concello. Unha vez alí, os rapaces e rapazas dos outros centros, leron os seus manifestos contra a Violencia de Xénero así como o Alcalde e outro persoal do Concello, e eles representaron o acto que tiñan preparado: "MANS" baseado no álbum ilustrado de Xabier Docampo.

Neste video podedes ver un dos ensaios de dita representación:


Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:



Ao final houbo unha solta de globos violetas que simbolizaban cada unha das vítimas por mor dos malos tratos: