25/2/18

DÍA DE ROSALÍA

Ao longo da semana pasada, no centro estivemos a traballar a figura dunha gran poetisa da nosa terra. Rosalía de Castro.

Coñecimos a súa biografía, debuxamos o seu retrato, escribimos os seus poemas,...

Despois, seguindo a proposta dos Asociación de Escritores en Lingua Galega, penduramos das portas e dos cristales do colexio, a nosas imaxes de Rosalía.


Na clase de quinto, gravaron o poema "Un desengaño"e conseguiron que a propia Rosalía o recitase:

15/2/18

ENTROIDO 2018

 O venres pasado, celebramos a festa do Entroido no centro. Polo noso bosque máxico, desfilaron ...

Os trasnos de Educación Infantil:





Os alicornios de 1º:
 

Os mouros e as fadas de 2º:



Os druídas, xacias e Neptunos do Belelle de 3º:



Os meigos e meigas de 4º:



Os demos de 5º:



E os sacaúntos (homes do saco) de 6º:



Despois do desfile, cada clase recibiu este diploma pola súa participación no mesmo e a continuación, gracias á ANPA, degustamos saborosas rosquillas e orellas:





 Podedes ver máis fotos da festividade, na galería da páxina web do cnetro:


Cada unha das clases recibiu este diploma pola súa participación no desfile:




2/2/18

DÍA DA PAZ

O pasado 31 de xaneiro, celebramos no centro o día da Paz. Ao longo da semana anterior, cada clase elaborou conxuntamente unha botella cunha mensaxe de paz e un peixe grande ou varios pequenos e despois individualmente, cada neno e nena, autorretratouse utilizando para pintar a súa pel "As cores da pel" ou as cartolinas de Ubuntuland. Con todos estes elementos, creamos este fantástico mural:



Sobre as dez e media, tivo lugar a emisión do programa de radio presentado por Martín e Antía de 6º de Educación Primaria, no que cada clase aportou os seus desexos de paz a través de cancións, poemas, lendas, ...



Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo e descargalo se queredes:



Despois do recreo, no patio cuberto, todos xuntos cantamos a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras:




A continuación, aproveitando o bo tempo, no patio de fóra xogamos a uns divertidos XOGOS COOPERATIVOS organizados polos nenos e nenas de 6º de EP e Bea, a profesora de Educación Física:




Coma sempre, podedes ver máis fotos do día, na  galería de imaxes da nosa páxina Web: