Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas

22/10/17

ODAIKO


O venres, 20 de outubro, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, foron á Casa da Cultura para ver a actuación do grupo percusionista ODAIKO, "Invención".

Durante preto dunha hora, disfrutaron dunha divertidísima posta en escea e ao mesmo tempo da súa gran actuación como percusionistas con caixóns, caixas chinesas, unha marimba, unha batería feita con cubos de plástico, tubos musicais, as mans, os pés, .... que os fixeron vibrar nos asentos.

Pasárono fenomenal.


Aquí vos deixamos un video promocional do grupo para que vexades que ben o fan e que divertidos son.

12/10/17

CONTAMOS E RECOLLEMOS CONTOS NADOS NO CAMIÑO


O pasado xoves, cinco de outubro, as clases de terceiro, cuarto, quinto e sexto do cole, participaron programa: "Contamos e recollemos contos nados no camiño", posto en marcha pola Xunta de Galicia co fin de dar a coñecer o Camiño de Santiago aos escolares de toda a Comunidade e tamén convertilos en contadores daquelas narracións e contos que poidan coñecer os seus familiares, ou que existan nos concellos nos que viven. A actividade consistiu e percorrer a pé un tramo do Camiño Inglés representativo do fito Xacobeo, cercano á ubicación do noso centro.

O bus recolleunos no cole e deixounos preto do Albergue de Peregrinos. Dende alí, acompañados polo coñecido contador de historias Inacio Vilariño e de Mariola, percorreron o Camiño, primeiro ata a Igrexa de Santa María e despois, continuaron un pouquiño máis polo centro do pobo.

Durante a camiñata, fixeron varias paradas nas que Inacio cantou e contou divertidas historias e lendas á vez que lles falaba da importancia do coidado e da conservación das rutas xacobeas e do seu gran valor dende a fauna e a flora ata a toponimia.

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes: 

CONTOS NADOS NO CAMIÑO by Slidely Slideshow

1/5/15

TEATRO: A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO


O pasado martes varias clases do centro, foron ao teatro Jofre en Ferrol para ver a obra: "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" da compañía MAGIN BLANCO coa participación de Montse Piñón e Pepablo Patinho do grupo de Teatro Ghazafelhos.

O espectáculo consistiu no relato da historia dunha viaxe protagonizada por unha nena e un grilo mediante a interpretación de cancións que van desde o reggae, ao pop, ao rock ou á bossa nova., 

Aquí vos deixamos un anaquiño do que poideronver:


Este espectáculo está basado no libro-CD do mesmo nome: "A nena e o grilo nun barquiño" do músico galego Magín Blanco editado por FOL MÚSICA, un libro de 60 páxinas acompañado dun Cd con 13 cancións, como eles din: "decorado con fermosas ilustracións a cargo de Leandro Lamas e aderezado con estimulantes actividades creativas e interactivas para os nenos, para que poidan pintar, escribir e debuxar o seu propio libro".

Imaxe do libro de Leandro Lamas

27/1/15

EXPOSICIÓN E VISITA AO RÍO BELELLE

Estes días temos a sorte de contar no centro cunha fermosa exposición sobre o Río Belelle que puxo á nosa disposición a asociación Néboa Medio Ambiente. Como eles din na súa páxina, trátase dunha asociación ecoloxista que nace no ano 1996, no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios posibilitando a súa actuación nesta dirección. Agrupa a xente como biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, ...
Ollade que exposición máis bonita:



Pero ademais, o venres pasado estiveron no colexio para facer uns talleres con nenos e nenas de infantil, primeiro ciclo y terceiro de primaria e hoxe viñeron para levar aos alumnos de cuarto, quinto e sexto a dar unha volta polo río Belelle.

Alí poideron ver en vivo e en directo a flora e fauna do lugar. Aprender as árbores que hay á beira do río como Salgueiros, Bidueiros,  Abelairas, Eucaliptos,... e algúns arbustos como o loureiro ou o fieito real que está en perigo de extinción. Tamén  o nome dalgúns paxaros como o martíño peixeiro, o merlo, a lavandeira,... E ademais fixeron algúns estudos sobre o río como o seu PH (5), a temperatura da auga (10.8º), a transparencia, a velocidade da auga (0.51) a porcentaxe de nitratos (entre 1 e 10), ...