Para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, ao longo da semana, entre todas as clases estivemos a facer esta gran e colorida pomba:
e tamén decoramos bonitos carteis de Paz:
Coñecimos máis sobre este día con este libro lim sobre a Paz:
E despois de recreo, xuntámonos todas as clases na pista de fútbol (iso si, separados en grupos burbulla) para facer unha solta de máis nin menos 100 POMBAS MENSAXEIRAS!!!!!
Onte celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ao longo da semana, entre todas as clases fixemos o ABECEDARIO DA PAZ, con palabras, debuxos e as nosas fotografías facendo ACROSPORT. Ollade:
E o 30, comezamos co noso tradicional programa de radio con poemas, cancións e moitas cousiñas máis relacinadas coa paz:
Despois do recreo, xuntámonos todos no patio cuberto e alí cantamos e bailamos a Danza da Paz de Mamá Cabra:
A continuación no patio de arriba, soltamos unha parella de pombiñas brancas:
E xa para rematar, os nenos e nenas de quinto e sexto de Educación Primaria ,organizaron coa axuda da profesora Bea uns fantásticos xogos populares cos que o pasaron moi ben.
Podedes ver as fotos da celebración na galería de fotos da nosa páxina web:
Por mor da día da paz, na clase de sexto estiveron investigando sobre a figura de Nelson Mandela, un gran activista pola paz . Fixeron e gravaron a súa biografía para o programa de radio da día do día da paz, cubriron unha ficha "Se coñecese a Nelson Mandela ..."
Como xa todos sabedes, cada 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Por motivos organizativos, nós este ano, celebrámolo o xoves día 28.
Ao longo da semana, cada nen@ na súa titoría, estivo a facer o seu autorretrato e con todos xuntos montouse esta bonita e colorida pomba:
O xoves emitimos en directo un programa de radio dende a nosa radio escolar "Radio Belelle" no dial 102.0 da FM , no que participaron todas as clases, con: poesías, contos, cancións, citas célebres pola paz, ...
Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo:
A continuación, como chovía, no patio cuberto, todos xuntos cantamos a canción: "Todos somos capitáns" de Magin Blanco:
Os nenos e nenas da clase de sexto de primaria, inventaron e ilustraron uns bonitos poemas sobre a Paz.