Mostrando entradas con la etiqueta PAZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PAZ. Mostrar todas las entradas

2/2/18

DÍA DA PAZ

O pasado 31 de xaneiro, celebramos no centro o día da Paz. Ao longo da semana anterior, cada clase elaborou conxuntamente unha botella cunha mensaxe de paz e un peixe grande ou varios pequenos e despois individualmente, cada neno e nena, autorretratouse utilizando para pintar a súa pel "As cores da pel" ou as cartolinas de Ubuntuland. Con todos estes elementos, creamos este fantástico mural:



Sobre as dez e media, tivo lugar a emisión do programa de radio presentado por Martín e Antía de 6º de Educación Primaria, no que cada clase aportou os seus desexos de paz a través de cancións, poemas, lendas, ...



Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo e descargalo se queredes:



Despois do recreo, no patio cuberto, todos xuntos cantamos a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras:




A continuación, aproveitando o bo tempo, no patio de fóra xogamos a uns divertidos XOGOS COOPERATIVOS organizados polos nenos e nenas de 6º de EP e Bea, a profesora de Educación Física:




Coma sempre, podedes ver máis fotos do día, na  galería de imaxes da nosa páxina Web:

1/2/17

RAP DA PAZ

Os nenos e nenas de cuarto, inventaron un rap pola Paz.  Cada un inventou a súa estrofa:



Ollade que ben rapearon:

30/1/17

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos no cole o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Fixemos un gran mural colectivo dun gran Arco da Vella con corazóns, flores, soles, árbores, nubes, mans e persoas. Así de bonito quedou:


Ademais, como xa ven sendo habitual, fixemos un programa de Radio en directo, no dial 102.0, con poemas, cancións, contos,... pola Paz presentado por Celtia e Andrea de 5º de Educación Primaria. Queredes escoitalo?


30/1/16

DÍA DA PAZ 2016

Como xa todos sabedes, cada 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Por motivos organizativos, nós este ano, celebrámolo o xoves día 28.

Ao longo da semana, cada nen@ na súa titoría, estivo a facer o seu autorretrato e con todos xuntos montouse esta bonita e colorida pomba:


O xoves emitimos en directo  un programa de radio dende a nosa radio escolar "Radio Belelle" no dial 102.0 da FM , no que participaron todas as clases, con: poesías, contos, cancións, citas célebres pola paz, ...


Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo:


A continuación, como chovía, no patio cuberto, todos xuntos cantamos a canción: "Todos somos capitáns" de Magin Blanco:



Os nenos e nenas da clase de sexto de primaria, inventaron e ilustraron uns bonitos poemas sobre a Paz.


E con eses poemas fixeron un LIBRO-SOBRE que lles quedou así:




Se queredes saber como se fai, neste video que atopamos no blog BIBLIOABRAZO explica como facelo. Ainda que está en inglés, enténdese bastante ben.



MOI FELIZ DÍA DA PAZ PARA TOD@S!!!!

2/2/15

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O venres, ao igual que moitos colexios de España, celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ao longo da semana cada neno e nena do centro estivo a facer un ladrillo para elaborar colectivamente un muro de Paz. E o venres, de forma simbólica, un representante de cada clase dende os máis peques aos máis grandes, pegou un ladrillo:

"CONTRUÍNDO A PAZ"



Pero iso non é todo. Ademais aproveitando que no colexio temos emisora de radio, fixemos un PROGRAMA DE RADIO especial adicado á Paz que se poido escoitar en toda Neda no dial 102.0  FM, e no que participaron todas as clases do centro con frases sobre a Paz, poemas, cancións, ... :


E continuamos reuníndonos  todos no patio facendo un círculo, cos máis pequerrechos situados no medio facendo a palabra PAZ, para cantar todos xuntos unha adaptación da  canción "ALL YOU NEED IS LOVE":