
Sobre as dez e media, tivo lugar a emisión do programa de radio presentado por Martín e Antía de 6º de Educación Primaria, no que cada clase aportou os seus desexos de paz a través de cancións, poemas, lendas, ...

Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo e descargalo se queredes:
Despois do recreo, no patio cuberto, todos xuntos cantamos a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras:

A continuación, aproveitando o bo tempo, no patio de fóra xogamos a uns divertidos XOGOS COOPERATIVOS organizados polos nenos e nenas de 6º de EP e Bea, a profesora de Educación Física:

Coma sempre, podedes ver máis fotos do día, na galería de imaxes da nosa páxina Web:
No hay comentarios:
Publicar un comentario