24/11/14

APORTACIÓN AO PROXECTO "O GRAN LIBRO VIAXEIRO"

Despois dunha semana connosco, Pepa xa ten que abandonarnos para marchar á Comunidade Asturiana, concretamente a Ribadesella. 
Así explica Pepa no seu diario, como foi o seu último día no noso colexio:


"Llegó el momento de despedirme de los niños y niñas del Colegio de Maciñeira. Me voy muy contenta porque me han tratado todos maravillosamente y me han hecho sentir como en casa. Además de visitar lugares muy bonitos y comer el rico Pan de Neda (su fiesta del pan ha sido declarada de interés turístico) , he aprendido unas cuantas palabras en gallego y he hecho muy buenos amigos.

Antes de irme, me tenían una gran sorpresa. Como aquí hace mucho frío me han regalado... ¡UNA BUFANDA! Muchísimas gracias chic@s me ha hecho mucha ilusión. Mirad que bien me queda:"


E esta é a aportación  do 3º Ciclo de Primaria ao Gran Libro Viaxiero:

- A páxina da nosa comunidade:




- A páxina do noso colexio:



(Estas dúas tiñan que estar escritas en castelán para que todos os centros polos que Pepa ía pasar, poidesen entender o que poñía)

- E o traballo que estaban facendo na clase de sexto cando Pepa chegou:


E estas as aportacións ao Caderno de Bitácora, do resto dos ciclos:

- INFANTIL


- 1º CICLO DE PRIMARIA





- 2º CICLO DE PRIMARIA




BOA VIAXE, PEPA, BOTARÉMOSTE MOITO DE MENOS!!!!!!!

19/11/14

OS NOSOS DEREITOS


Mañá 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Nen@ por iso ao longo desta semana e da próxima, nas titorias falarase de cales son os dereitos e deberes de todos os nenos e nenas. E que mellor xeito de empezar que aprendendo algúns dos nosos dereitos:

14/11/14

CELEBRAMOS O MAGOSTO


Ollade que ben o pasamos na festa do Magosto:

Clicade na imaxe

E tamén queremos ensinarvos o ben que quedou ilustrado o conto de "María a Castañeira" que fixemos entre todas as clases do cole:

11/11/14

PARTICIPAMOS NO PROXECTO NACIONAL "O GRAN LIBRO VIAXEIRO"


Este ano, todo o centro participa no proxecto nacional "O GRAN LIBRO VIAXEIRO" representando á nosa comunidade.  Neste  proxecto, coordinado por Óscar Alonso, do blogue LA EDUTECA, contaremos cunha amiga moi particular, Pepa, e cun libro coas follas en branco, que viaxará por toda a xeografía española retratando a gran variedade cultural do noso país e que se irá cubrindo coas aportacións dos distintos colexios polos que pase.


Este gran proxecto, persegue unha gran variedade de obxectivos entre os que podemos destacar :  que o noso alumnado coñeza a diversidade cultural e artística de España descubrindo novos lugares, outros colexios e outras formas de ensinar; potenciar o desenvolvemento da creatividade e o deseño a través das artes plásticas e artística,   potenciar a escritura creativa de forma clara a través da Lingua Castelá e as linguas Cooficiais, ...

Ao longo do proxecto o libro seguirá unha ruta específica por toda España. Comezou en Extremadura, de ahí pasou a Castelá e León  e a terceira comunidade pola que viaxará será ... A NOSA, A COMUNIDADE GALEGA!!!!!!!!! Estamos deseando que chegue!!!!!!

No blogue do proxecto, pódese consultar a lista de participantes. a ruta do libro, ... e tamén podemos seguir o día da día de Pepa e o Libro Viaxeiro.


Aquí vos deixamos o trailer presentación do proxecto:

9/11/14

RECURSOS PARA O MAGOSTO


O próximo venres celebraremos no colexio a festa do MAGOSTO. Para ir abrindo boca, aquí vos deixamos estes recursos para traballar esta festa:

- LIBROS LIM:







- VIDEOS:






3/11/14

SAMAÍN


O pasado xoves celebramos a Festa do Samaín. Unha festa na que non faltou de nada: concurso de cabazas, túnel do medo no ximnasio (xentileza da AMPA que montou todo), películas de medo na biblioteca, xogos informáticos e uns divertidos xogos na clase de inglés organizados pola nosa teacher Uxía.