11/11/14

PARTICIPAMOS NO PROXECTO NACIONAL "O GRAN LIBRO VIAXEIRO"


Este ano, todo o centro participa no proxecto nacional "O GRAN LIBRO VIAXEIRO" representando á nosa comunidade.  Neste  proxecto, coordinado por Óscar Alonso, do blogue LA EDUTECA, contaremos cunha amiga moi particular, Pepa, e cun libro coas follas en branco, que viaxará por toda a xeografía española retratando a gran variedade cultural do noso país e que se irá cubrindo coas aportacións dos distintos colexios polos que pase.


Este gran proxecto, persegue unha gran variedade de obxectivos entre os que podemos destacar :  que o noso alumnado coñeza a diversidade cultural e artística de España descubrindo novos lugares, outros colexios e outras formas de ensinar; potenciar o desenvolvemento da creatividade e o deseño a través das artes plásticas e artística,   potenciar a escritura creativa de forma clara a través da Lingua Castelá e as linguas Cooficiais, ...

Ao longo do proxecto o libro seguirá unha ruta específica por toda España. Comezou en Extremadura, de ahí pasou a Castelá e León  e a terceira comunidade pola que viaxará será ... A NOSA, A COMUNIDADE GALEGA!!!!!!!!! Estamos deseando que chegue!!!!!!

No blogue do proxecto, pódese consultar a lista de participantes. a ruta do libro, ... e tamén podemos seguir o día da día de Pepa e o Libro Viaxeiro.


Aquí vos deixamos o trailer presentación do proxecto:

No hay comentarios:

Publicar un comentario