9/5/19

CORRELINGUA

Foto do Concello de Narón

Hoxe todo o cole fomos ao Auditorio de Narón onde se celebrou o Correlingua 2019 co lema "O galego é a fórmula".

Como chovía, entramos directamente no auditorio onde a actriz Isabel Risco presentou o acto. Alí. escoitamos ao alumnado do CEIP de Centierias de Fene lendo o manifesto, vimos os videos gañadores da edición deste ano e disfrutamos da actuación de Paco Nogueiras.



5/5/19

VIDEOCONFERENCIA CON IRIA MISA


Outra das actividades que fixemos por mor do día do libro, foi unha videoconferencia por Skype con Iria Misa a autora de "Mamá, quero ser Ziggy Stardust", un dos libros que o alumnado de quinto e sexto leu no Club de Lectura. 


Foi moi emocionante para eles poder falar con ela e que lles respondera a todas as súas preguntas tanto da súa vida como da novela. 


MOITAS GRAZAS, IRIA!!!!!

3/5/19

OS MAIOS


Hoxe, o alumnado que non foi á Marcha Ciclista, foi a Albarón para participar na elaboración dos maios que organizaba o Concello de Neda. Que divertido!


E sabedes que?
Gañamos este trofeo polos nosos maios!!!!!!!


9/3/19

8 DE MARZO: MULLERES GALEGAS NO DEPORTE



Desde o Equipo de Normalización Lingüística e a área de Educación Física, se propuxo para a semana do 8 de marzo,pescudar información sobre mulleres galegas que destacaron nalgún deporte e con ela escribir a súa biografía, facer un collage de fotos, un debuxo ... para colocar polas ventás do noso ximnasio.

Este é o traballo que fixemos os nenos e nenas do terceiro ciclo:

6/3/19

CONTACONTOS DO COCIÑERO MARTIÑO

Un ano máis, Iago López visitou o noso centro para contarnos o seu novo conto "Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". O seu público foron os nenos e nenas de educación infantil, 1º, 2º e 3º de E.P.
Algúns nenos/as axudáronlle a contar esta historia. Coma sempre, gustoulles moitísimo e disfrutaron un montón.


4/3/19

ENTROIDO 2019


Meco

O venres pola mañá celebramos o desfile de Entroido. Polo noso patio cuberto desfilaron grandes pintores coas súas obras. Así, puidemos ver ...

OS PINTORES DE EDUCACIÓN INFANTIL
 
OS XIRASOIS E VAN GOGH
AS OBRAS DE MIRÓ
FRIDA KAHLO E OS MONOS
AS BAILARINAS DE DEGAS E TRABALLADORES DO MUSEO
AS MENINAS E VELÁZQUEZ
OS RELOXOS BRANDOS E DALÍ

Tamén queimamos o Meco:


Podedes ver máis fotos da xornada na  Galería de fotos da páxina web do cole:

5/2/19

CLUB DE LECTURA

Os alumnos de quinto e sexto de primaria participan nun club de lectura organizado pola Biblioteca do Centro. O primeiro libro que se leu foi: "Mamá, quero ser Ziggy Stardust".

Na primeira xuntanza, cada un contou a súa opinión sobre a lectura que lle tocou e puxeron en común as súas impresións.


30/1/19

DÍA DA PAZ 2019


Onte celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ao longo da semana, entre todas as clases fixemos o ABECEDARIO DA PAZ, con palabras, debuxos e as nosas fotografías facendo ACROSPORT. Ollade:


E o 30, comezamos co noso tradicional programa de radio con poemas, cancións e moitas cousiñas máis relacinadas coa paz:



Despois do recreo, xuntámonos todos no patio cuberto e alí cantamos e bailamos a Danza da Paz de Mamá Cabra:


A continuación no patio de arriba, soltamos unha parella de pombiñas brancas:



E xa para rematar, os nenos e nenas de quinto e sexto de Educación Primaria ,organizaron coa axuda da profesora Bea  uns fantásticos xogos populares cos que o pasaron moi  ben.


Podedes ver as fotos da celebración na galería de fotos da nosa páxina web:

28/1/19

NELSON MANDELA


Por mor da día da paz, na clase de sexto estiveron investigando sobre a figura de Nelson Mandela, un gran activista pola paz . Fixeron e gravaron a súa biografía para o programa de radio da día do día da paz,  cubriron unha ficha "Se coñecese a Nelson Mandela ...



 E tamén fixeron un mural :


13/1/19

CALENDARIO 2019

Ollade que preciosidade de calendario nos quedou cos debuxos de todas as clases:


Tamén queremos compartir convosco este fermoso calendario que atopamos no Facebook de Leandro Lamas:

1/1/19

FELIZ 2019!


Todos os nenos e nenas do CEIP de Maciñeira, queremos desexarvos un Feliz Ano 2019 e para iso que mellor que con esta fermosa tarxeta que fixo unha alumna de sexto,  inspirada no Apalpador de Leandro Lamas:

Tamén vos deixamos este video con ilustracións e texto de Leandro Lamas e música e animación de Roberto Grandal: