22/10/17

ODAIKO


O venres, 20 de outubro, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, foron á Casa da Cultura para ver a actuación do grupo percusionista ODAIKO, "Invención".

Durante preto dunha hora, disfrutaron dunha divertidísima posta en escea e ao mesmo tempo da súa gran actuación como percusionistas con caixóns, caixas chinesas, unha marimba, unha batería feita con cubos de plástico, tubos musicais, as mans, os pés, .... que os fixeron vibrar nos asentos.

Pasárono fenomenal.


Aquí vos deixamos un video promocional do grupo para que vexades que ben o fan e que divertidos son.

12/10/17

CONTAMOS E RECOLLEMOS CONTOS NADOS NO CAMIÑO


O pasado xoves, cinco de outubro, as clases de terceiro, cuarto, quinto e sexto do cole, participaron programa: "Contamos e recollemos contos nados no camiño", posto en marcha pola Xunta de Galicia co fin de dar a coñecer o Camiño de Santiago aos escolares de toda a Comunidade e tamén convertilos en contadores daquelas narracións e contos que poidan coñecer os seus familiares, ou que existan nos concellos nos que viven. A actividade consistiu e percorrer a pé un tramo do Camiño Inglés representativo do fito Xacobeo, cercano á ubicación do noso centro.

O bus recolleunos no cole e deixounos preto do Albergue de Peregrinos. Dende alí, acompañados polo coñecido contador de historias Inacio Vilariño e de Mariola, percorreron o Camiño, primeiro ata a Igrexa de Santa María e despois, continuaron un pouquiño máis polo centro do pobo.

Durante a camiñata, fixeron varias paradas nas que Inacio cantou e contou divertidas historias e lendas á vez que lles falaba da importancia do coidado e da conservación das rutas xacobeas e do seu gran valor dende a fauna e a flora ata a toponimia.

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes: 

CONTOS NADOS NO CAMIÑO by Slidely Slideshow

24/9/17

DIVERMAXIA CO MAGO PACO


O pasado luns, dentro do programa "LER CONTA MOITO" cuxo fin é fomentar a lectura e dinamizar as bibliotecas escolares, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria, forib á Casa da Cultura de Neda a ver ao Mago Paco (Fran Otero) e o seu espectáculo Divermaxia: A illa dos nenos.

Ao longo de case hora e media, disfrutaron dun espectáculo de maxia e humor a través de contos como: O capitán Calabrote, Son un artista, A maxia de cores, Tres galiñas e un pavo,... no que algúns dos nenos e nenas do cole participaron activamente convertíndose en magos por uns intres.

Aquí podedes ver algunhas fotos:


(Podedes ver a presentación a pantalla completa, poñendo o rato enriba e clicando nos dous recadros de abaixo á dereita)

20/5/17

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS


Celebramos o festival con canciones, contos, obras de teatro,....


Podedes ver todas as fotos do festival clicando na imaxe ou no enlace de abaixo:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmacineira/galeria/thumbnails.php?album=8

Proximamente iremos subindo os videos das distintas actuacións

14/5/17

CORRELINGUA 2017



Un ano máis, o noso centro, participou na carreira en prol da nosa Lingua, este ano baixo o lema "En galego, sen cancelas".

O pasado venres 12, todas as clases de Educación Infantil e de Educación Primaria, agás 6º, acudimos ao Auditorio de Ferrol onde poidemos escoitar o Manifesto Gañador deste ano e tamén disfrutar da actuación de Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc con cancións como esta:



Aquí vos deixamos algunha fotiño:


11/5/17

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES


A semana que vén, celébrase en toda Galicia o Día das Letras Galegas. Nas distintas clases, estamos a estudar a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Carlos Casares, utilizando o material que unha vez máis pon á nosa disposición o Seminario Galán:



Na clase de 4º de Educación Primaria, ilustraron e gravaron a súa biografía. Ollade que bonito video lles quedou:


GÚSTAVOS?

3/5/17

SEMANA DO LIBRO

Por mor do Día do Libro que foi o domingo 23 de abril, ao longo da seguinte semana celebrámolo no centro facendo distintas actividades.

Comezamos o martes con LECTURAS AO SOL. Todas as clases saíron ao patio na hora de ler para alí ler todos xuntos:



Continuamos o mércores coa visita de Iago López que lles veu a contar aos máis pequerrechos do cole o seu conto  "O COCIÑEIRO MARTIÑO":



Pero aí non remata a cousa. Continuamos o xoves co APADRIÑAMENTO LECTOR dos máis maiores aos nenos e nenas de Educación Infantil:


E xa para rematar, o mércores da semana seguinte, tivo lugar a III FEIRA DO LIBRO DA MACIÑEIRA, cada neno e nena que quixo, trouxo da casa un ou dous libros polos que recibiron uns vales para intercambialos por outros na feira:

MOI FELICES LECTURAS