Onte e antonte celebramos o Samaín no colexio. O martes, como todos os anos, tivemos distintas estacións de 20 min cada unha: xogos de lanzamento e habilidade no ximnasio, obradoiro de monstros na clase de inglés, curtos de medo na biblioteca, xogos musicais na clase de música, obradoiro de caroutas na clase de relixión, xogos en informática, percorrido de cabazas no corridor de entrada e por suposto a atracción estrela de todos os anos: a casa do terror preparada unha vez máis pola ANPA.
Algúns aproveitamos para entrar dúas veces na casa do terror, unha coa nosa profe e outra cos profes Felipe e Carmen, e temos un video que o demostra. Queredes velo?
O pasado martes 16 de outubro, dentro do programa "LER CONTA MOITO", os alumnos e alumnas de terceiro, cuarto, quinto e sexto, foron á Casa da Cultura de Neda a disfrutar do espectáculo: "A CIENCIA DE HARRY POTTER" a cargo de David Ballesteros. Tratouse dun espectáculo-charla científica de inspiración literiaria na que a través de distintos experimentos e desde a óptica da ciencia, David explicoulles algúns dos fenómenos que aparecían na obra de Harry Potter. Os 60 minutos que durou o espectáculo soubéronlles a moi pouco.
Hoxe, todos os nenos e nenas do colexio participaron no Correlingua baixo o lema "A LINGUA NON PARA". Erancase 1400 alumn@s de distintos centros de Ferrol e da comarca. Debido á chuvia, non puideron facer a carreira pero si disfrutar das actuacións e da lectura do manifesto gañador dentro do Auditorio de Caranza.
Primeiro viron os videos gañadores, un dos alumnos de 5º de primaria do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela e outro do CPR Seminario Menor A Inmaculada de Ourense:
A continuación, Celtia, Inés e Andrea de 6º de EP e Paz, Sheila e Alba (xunto con Yago que portaba a pancarta que fixeron os de quinto), subiron ao escenario a ler o manifesto gañador do alumnado de 3º C da ESO do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela:
E para finalizar, disfrutaron todos un montón coa actuación do músico Pakolas (Paco Cerdeiras). Aquí vos deixamos o seu video de promoción para os que non o coñezades: