13/1/19

CALENDARIO 2019

Ollade que preciosidade de calendario nos quedou cos debuxos de todas as clases:


Tamén queremos compartir convosco este fermoso calendario que atopamos no Facebook de Leandro Lamas:

1/1/19

FELIZ 2019!


Todos os nenos e nenas do CEIP de Maciñeira, queremos desexarvos un Feliz Ano 2019 e para iso que mellor que con esta fermosa tarxeta que fixo unha alumna de sexto,  inspirada no Apalpador de Leandro Lamas:

Tamén vos deixamos este video con ilustracións e texto de Leandro Lamas e música e animación de Roberto Grandal:




5/12/18

BRINQUEDOS NA CAPELA


O alumnado de quinto e sexto foron hoxe de excursión ao colexio de A Capela para ver o seu museo de xoguetes tradicionais e xogar a distintos xogos populares.

Primeiro fixeron uns xoguiños de quecemento cos nosos anfitrións de terceiro e cuarto de educación primaria para romper o xeo como a cadea ou caldeiro (o xogo do stop). A continuación, dividíronse en seis grupos e foron rotando polos distintos xogos:

- Tres en raia:


- A rá:
- Os zancos:
- O peón:
- Os aros:
- As lombas:

Pasárono fenomenal!!!!!!!

25/11/18

25 N : Tod@s contra a Violencia de Xénero


No  do CEIP de Maciñeira estamos en contra da Violencia de Xénero por iso, os nenos de quinto e sexto de primaria participaron nunha iniciativa que partiu do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín e dúas mestras do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba e o CEIP Santo Estevo de Parga respectivamente.

A iniciativa consistiu en facer un mural co paxariño de twitter e o hastag #EQUALITER poñendo as mans de cada neno/a en contra a violencia de xénero e gravando un video co slogan.

Esta foi a súa participación individual:

E este é o video final coas aportacións dos 70 colexios participantes:
Ademais, o pasado venres 23 de noviembre, o alumnado de cuarto e quinto, participaron na marcha polo bo trato que un ano máis organizou o Concello de Neda e que polo mal tempo tivo lugar na Casa da Cultura:


12/11/18

MAGOSTO 2018

Ademais do día do Peón, o pasado venres celebramos o Magosto. Na clase de plástica fixéronse cestiños ou cucuruchos:fixemos uns cestiños aproveitando unhas caixas de plástico que gardamos o ano pasado cando tivemos a semana da froita:



Tamén decoramos a silueta dunha castaña expresando emocións diferentes para adornar o centro:




E por fin chegou a festa onde ademais de degustar ricas castañas, tamén disfrutamos do boísimo pan de Neda con chourizos asados no forno:




Podedes ver máis fotos da festa na páxina web do cole:


9/11/18

DÍA DO PEÓN


Hoxe celebramos o día do Peón no cole. Ao longo da semana, nas clases estivemos a decorar uns peóns pequeninos para montar o peón grande que decora a porta do centro e ademais uns peóns de madeira utilizando rotuladores:

PEÓNS DE SEXTO

PEÓNS DE QUINTO

E hoxe pola mañá, fomos por grupos ao patio cuberto . Alí estaban algunhas nais e pais que nos ensinaron como poñer a corda, como agarralo e por suposto como bailalo. A algúns saiunos á primeira, outr@s bailáronos de cú e tamén houbo quen non foi capaz de bailalo pero ... sabedes que? Foi divertidísimo!!!!



4/11/18

PROXECTO DE ARTE


Este ano, o proxecto xeral de centro, promovido polos Equipos de Dinamización da Biblioteca e da Lingua Galega, xira en torno ao ARTE.

Hai uns días, chegaron ás clases unhas notas. Eran do Mago Macín, a mascota da nosa biblioteca. Nela, pedíasenos que polo Día da Biblioteca Escolar, escollésemos unha obra de arte e que inventásemos unha poesía en galego relacionada con ela.

Este é un exemplo das poesías que inventaron os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria a partir dunha obra de Leandro Lamas:



(Pasa o rato por enriba dos poemas para velos a maior tamaño)