6/10/21

O RÍO BELELLE AO NATURAL

O profesor Lois Anxo Rodríguez que é o autor dunha guía titulada "O río Belelle ao natural" veu hoxe ao noso centro a visitar aos alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria.

Primeiro deulles unha charla sobre o ecosistema do río:




Ao finalizar, agasallounos cun exemplar da súa guía e non só iso senón que tamén llelo asinou a tod@s:


 Pero a cousa non quedou aí. A
 continuación levounos ao río onde se convertiron en científicos por un día. 

Primeiro baixaron á beira do Belelle e alí coa axuda de Lois, colleron distintos invertebrados. Despois utilizaron estes invertebrados como bioindicadores para analizar a calidade das augas do río, e sabedes que? Pois resultou que as augas do noso río son excelentes.

Tamén deron un pequeno paseo no que colleron follas das árbores próximas ao río. Había moitísimas: carballos, ameneiros, freixos, abeleiras, salgueiros, ... Coa axuda da guía, identificaron todas as follas e tamén as clasificaron. Lois contoulles que antes coa madeira desas arbores facíanse zocas e tamén pezas para os carros. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das fotos que sacamos:


PASÁRONO FENOMENAL!

16/5/21

LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS

Como xa todos sabedes, este ano o día das Letras Galegas adícase a Xela Arias, poeta, tradutora e mestra de Lingua Castelá que naceu en Sarria (Lugo).

Nas clases, estivemos aprendendo moitas cousas sobre a súa vida e a súa obra grazas ao SEMINARIO GALÁN e á páxina da Real Academia Galega,  PRIMAVERA DAS LETRAS e ademais entre todos fixemos este fermoso mural que adorna a entrada do noso centro:

 Gústavos?

28/3/21

OS BOLECHAS NO CEIP DE MACIÑEIRA

Como xa todos sabedes, a RTVG2 emitiu este sábado o capítulo do seu programa Os Bolechas no cole adicado ao noso colexio. Podedes ver o programa clicando no enlace de abaixo:

Os Bolechas no CEIP de Maciñeira

Nós enviámoslles moito material pero se ve que por falta de tempo non puideron emitir todo. Por iso, dende o cole, queremos presentarvos en exclusiva ... O VIDEO COMPLETO CO TRABALLO QUE PREPARARON  TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE. Non vos perdades o saúdo e despedida dos máis pequerrechos, os nen@s de EI de 3 e 4 anos.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!!!

21/3/21

DÍA DA POESÍA

 


Polo día da Poesía todas as clases recitaron poemas propios ou alleos, en galego ou en castelán.

Podedes velos todos no blogue da Biblioteca:

Bibliomaci