21/3/15

DÍA DA POESÍA


Con motivo do día da poesía  na clase de quinto estiveron a facer uns BIOPOEMAS que son nin máis nin menos que poemas sobre a  vida de alguén.

Estes poemas teñen que seguir una determinada estructura pero están abertos a todo o tipo de modificacións que un queira facerlle.

Nos que eles fixeron había que seguir estas indicacións:

1ª liña: O noso nome
2º liña: Algún adxectivo que nos defina
3ªliña: Fillo/a de ...
4ª liña: A quen lle gusta ...
5ª liña: Que odia...
6ª liña: Que lle ten medo a ...
7ª liña: Que soña con ...
8ª liña: Que está fachendoso/a de ....
9ª liña: Que vive en ...
10ª liña: O apelido

Aquí vos deixamos as instruccións e as plantillas que utilizaron:



Así de bonitos lles quedaron:




Tamén os máis pequerrechos celebraron o Día da Poesía creando rimas con animais mariños para facer o seu ... MAR DE POESÍA. Ollade que preciosidade:


11/3/15

SEMANA DA PRENSA


Como podedes ler no xornal, esta semana estamos a celebrar no cole a Semana da Prensa. Dende o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, propuxemos inventar unha noticia para facer despois unha exposición con todas elas.

Ollade que bonita está a entrada do centro coas noticias de todoo alumnado e a exposición de xornais antigos:


Deixámosvos unha unidade didáctica para traballar os xornais que esperamos vos resulte útil:


24/2/15

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove desde 2010 a conmemoración  o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro. Este ano, baixo o lema "Eu son Rosalía" nos convida a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicalo gravando en video unha frase que comezaría por.."Eu son Rosalía porque...."
Na clase de 5º de Primaria gravaron este video:

 

Fixeron un mural escribindo  algunhas das súas poesías:


Tamén as ilustraron:


E remataron facendo unns bonitos marcapáxinas:


Se queredes coñecer a vida e a obra de Rosalía de Castro, clicade nos seguintes recursos:
  • Unidade didáctica de Cristina Corral Soilán :


  • Libro Lim baseado no libro Rosalía editado pola fundación Rosalía de Castro e narrado por Sara Ferrín Pérez:


https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html

  • Libro Lim do poema Parece unha Rosa:


https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html

22/2/15

QUEIMA DO MECO


Como a semana antes das vacacións de  Entroido non poidemos quedar o Meco por mor da chuvia, aproveitamos que este xoves  non chovía para facelo.

No  recreo xuntámonos todos para disfrutar do espectáculo ainda que a máis de un dábanos moita mágoa ver como se queimaban Finn e Jake.


Con que nos sorprenderán o ano que vén a AMPA?

16/2/15

ENTROIDO NA MACIÑEIRA



O venres celebramos no cole a festa do Entroido por todo o alto. Ás once e media baixamos ao patio cuberto para facer o GRAN DESFILE DE ENTROIDO. O tema deste ano foron AS PROFESIÓNS e pola nosa pasarela desfilaron astronautas, doutores, veterinarios, mecánicos e moitísimos profesionais máis. o xurado o tivo realmente difícil para elexir un disfraz por clase e ademais os tres mellores disfraces de todo o cole. Aquí podedes ver algunhas fotos e os disfraces gañadores:


Despois subimos ao porche e alí poidemos degustar unhas riquísimas orellas e rosquillas que fixeron como non a nosa ANPA. Uhmmmmm, estaban boísimas! Aquí vos deixamos algunha fotiño máis deste día (se non vedes ben o video clicade na rodiña que hai abaixo á dereita e poñede calidade 480):



Debido ao mal tempo non poidemos queimar o MECO como estaba disposto así que FINN e o seu can JAKE terán un pequeno indulto ata a próxima semana na que o faremos se o tempo acompaña.


FELIZ ENTROIDO PARA TOD@S!

2/2/15

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O venres, ao igual que moitos colexios de España, celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ao longo da semana cada neno e nena do centro estivo a facer un ladrillo para elaborar colectivamente un muro de Paz. E o venres, de forma simbólica, un representante de cada clase dende os máis peques aos máis grandes, pegou un ladrillo:

"CONTRUÍNDO A PAZ"



Pero iso non é todo. Ademais aproveitando que no colexio temos emisora de radio, fixemos un PROGRAMA DE RADIO especial adicado á Paz que se poido escoitar en toda Neda no dial 102.0  FM, e no que participaron todas as clases do centro con frases sobre a Paz, poemas, cancións, ... :


E continuamos reuníndonos  todos no patio facendo un círculo, cos máis pequerrechos situados no medio facendo a palabra PAZ, para cantar todos xuntos unha adaptación da  canción "ALL YOU NEED IS LOVE":

27/1/15

EXPOSICIÓN E VISITA AO RÍO BELELLE

Estes días temos a sorte de contar no centro cunha fermosa exposición sobre o Río Belelle que puxo á nosa disposición a asociación Néboa Medio Ambiente. Como eles din na súa páxina, trátase dunha asociación ecoloxista que nace no ano 1996, no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios posibilitando a súa actuación nesta dirección. Agrupa a xente como biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, ...
Ollade que exposición máis bonita:



Pero ademais, o venres pasado estiveron no colexio para facer uns talleres con nenos e nenas de infantil, primeiro ciclo y terceiro de primaria e hoxe viñeron para levar aos alumnos de cuarto, quinto e sexto a dar unha volta polo río Belelle.

Alí poideron ver en vivo e en directo a flora e fauna do lugar. Aprender as árbores que hay á beira do río como Salgueiros, Bidueiros,  Abelairas, Eucaliptos,... e algúns arbustos como o loureiro ou o fieito real que está en perigo de extinción. Tamén  o nome dalgúns paxaros como o martíño peixeiro, o merlo, a lavandeira,... E ademais fixeron algúns estudos sobre o río como o seu PH (5), a temperatura da auga (10.8º), a transparencia, a velocidade da auga (0.51) a porcentaxe de nitratos (entre 1 e 10), ...