28/4/15

HOXE CONNOSCO ... PAULA CARBALLEIRA


Hoxe tivemos a sorte de contar no cole coa visita da escritora, contacontos e tamén actriz, Paula Carballeira.
Comezaron facéndolle esta pequena  entrevista, Sara Fernández e Sara Montagut:

 

Ao rematar, Paula fíxonos disfrutar moito cunha sesión de contacontos. Ollade, ollade, o ben que o pasamos:


E xa para finalizar, asinounos algúns dos seus libros que temos na biblioteca do cole:


MOITÍSIMAS GRAZAS, PAULA, POLA VISITA!!!!!!

24/4/15

MERCADILLO DE LIBROS


Continuando coa celebración do libro, o venres a última hora fíxose un MERCADILLO DE LIBROS. Para iso, montáronse no corredor central do cole catro mesas, unha por cada ciclo, identificadas con distinto cor: azul, vermello, verde e amarelo.

Ao longo deste mes, os alumnos que quixeron, trouxeron da súa casa un ou dous libros polos que recibiron uns vales para poder canxealos por outros libros este día. 

Ollade que éxito tivo:

 
http://www.photosnack.com/FF9F9697C6F/mercadillo-de-libros.html

Presentación feita con PhotoSnack

23/4/15

DÍA DO LIBRO



Con motivo da celebración do día do Libro, ao longo deste mes, cada clase estivo preparando cos seus alumnos/as unhas LENDAS. Con elas adornouse o corredor central do cole:



E despois do recreo fixemos un programa especial de radio, presentado por Lucas de 4º e Celtia de 3º no que se leron tres lendas ou novas de cada clase. Queredes escoitalo? Aquí volo deixamos para que o poidades disfrutar:

MOI FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!!

2/4/15

NÓS LEMOS, E TI?


Con ocasión da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL,  os rapaces e rapazas de quinto, queren recomendarvos a lectura destes libros en galego que a eles lles gustaron moito:










21/3/15

DÍA DA POESÍA


Con motivo do día da poesía  na clase de quinto estiveron a facer uns BIOPOEMAS que son nin máis nin menos que poemas sobre a  vida de alguén.

Estes poemas teñen que seguir una determinada estructura pero están abertos a todo o tipo de modificacións que un queira facerlle.

Nos que eles fixeron había que seguir estas indicacións:

1ª liña: O noso nome
2º liña: Algún adxectivo que nos defina
3ªliña: Fillo/a de ...
4ª liña: A quen lle gusta ...
5ª liña: Que odia...
6ª liña: Que lle ten medo a ...
7ª liña: Que soña con ...
8ª liña: Que está fachendoso/a de ....
9ª liña: Que vive en ...
10ª liña: O apelido

Aquí vos deixamos as instruccións e as plantillas que utilizaron:



Así de bonitos lles quedaron:




Tamén os máis pequerrechos celebraron o Día da Poesía creando rimas con animais mariños para facer o seu ... MAR DE POESÍA. Ollade que preciosidade:


11/3/15

SEMANA DA PRENSA


Como podedes ler no xornal, esta semana estamos a celebrar no cole a Semana da Prensa. Dende o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, propuxemos inventar unha noticia para facer despois unha exposición con todas elas.

Ollade que bonita está a entrada do centro coas noticias de todoo alumnado e a exposición de xornais antigos:


Deixámosvos unha unidade didáctica para traballar os xornais que esperamos vos resulte útil:


24/2/15

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove desde 2010 a conmemoración  o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro. Este ano, baixo o lema "Eu son Rosalía" nos convida a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicalo gravando en video unha frase que comezaría por.."Eu son Rosalía porque...."
Na clase de 5º de Primaria gravaron este video:

 

Fixeron un mural escribindo  algunhas das súas poesías:


Tamén as ilustraron:


E remataron facendo unns bonitos marcapáxinas:


Se queredes coñecer a vida e a obra de Rosalía de Castro, clicade nos seguintes recursos:
  • Unidade didáctica de Cristina Corral Soilán :


  • Libro Lim baseado no libro Rosalía editado pola fundación Rosalía de Castro e narrado por Sara Ferrín Pérez:


https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html

  • Libro Lim do poema Parece unha Rosa:


https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html