3/2/16

ORDES DO MECO DÍA 2

Ollade que pés máis coloridos e orixinais:



E para mañá ...


Ai, ai, mañá hai que traer algo que ... FAGA MOITO RUÍDOOOOOOOO!

2/2/16

ORDES DO MECO DÍA 1

Como somos moi mandadiños hoxe todo o cole veu con algo de cor amarelo:



E a consigna para mañá é:

Que nos poñeremos mañá NOS PÉS?

1/2/16

ORDES DO MECO

Cando chegamos hoxe ao cole, atopámonos coa agradable sorpresa de que as nais e os pais tan colaboradores da ANPA xa tiñan listo o Meco deste ano que ... son nada máis e nada menos que ... OS MINIOOOOOOONS!!!!!!

Ollade que chulísimos lles quedaron:



Ao longo da mañá, todas as clases recibiron a visita dun Minion que lles dou a consigna para mañá:


Xa sabedes, mañá hai que traer... ALGO AMARELO.

30/1/16

DÍA DA PAZ 2016

Como xa todos sabedes, cada 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Por motivos organizativos, nós este ano, celebrámolo o xoves día 28.

Ao longo da semana, cada nen@ na súa titoría, estivo a facer o seu autorretrato e con todos xuntos montouse esta bonita e colorida pomba:


O xoves emitimos en directo  un programa de radio dende a nosa radio escolar "Radio Belelle" no dial 102.0 da FM , no que participaron todas as clases, con: poesías, contos, cancións, citas célebres pola paz, ...


Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo:


A continuación, como chovía, no patio cuberto, todos xuntos cantamos a canción: "Todos somos capitáns" de Magin Blanco:



Os nenos e nenas da clase de sexto de primaria, inventaron e ilustraron uns bonitos poemas sobre a Paz.


E con eses poemas fixeron un LIBRO-SOBRE que lles quedou así:




Se queredes saber como se fai, neste video que atopamos no blog BIBLIOABRAZO explica como facelo. Ainda que está en inglés, enténdese bastante ben.



MOI FELIZ DÍA DA PAZ PARA TOD@S!!!!

5/1/16

CONCURSO LEMAS DE NADAL


Para fomentar o gusto pola lectura tamén no Nadal, dende o Equipo da Biblioteca, en colaboración co equipo de ENDL, fíxose un concurso de lemas coas súas ilustracións correspondentes.

Os tres gañadores (un por ciclo) cos que se fixeron os calendarios para repartir a toda a comunidade educativa, foron os de:

- Emma de 1º de Educación Primaria:


- Inés de 4º de Educación Primaria:


- Blanca de 5º de Educación Primaria:


A nosa máis sinceira noraboa para as tres.

4/12/15

BALONCESTO SOBRE RODAS


Se a semana pasada da man de Paula, empatizabamos coas persoas con discapacidade visual, onte día da Discapacidade, tocoulle o turno ás persoas con mobilidade reducida. Tivemos a gran sorte de contar no colexio con dúas persoas pertencentes á Federación Galega de Deporte Adaptado, que nos ensinaron a xogar ao Baloncesto sobre Rodas.
En primeiro lugar, estivemos observando como eran as cadeiras de rodas, atopando moitas diferencias coas que estamos acostumados a ver: a forma das rodas, o cinto, o respaldo que era moi pequeno, ... Aprendimos que estas diferencias eran para que fosen máis seguras, para que a cadeira poidese xirar sen problema, para coller a pelota, ...


E xa por fin, agrupados de dez en dez, dende segundo ata sexto, todos xogamos un minipartido de dez minutos de duración. Que difícil nos parecía ao principio pero unha vez que lle collimos o "tranquillo" todo foi sobre rodas e nunca mellor dito.

Nestas fotos podédes ver aos maiores xogando e aos máis pequenos, probando as cadeiras de rodas:








E para que vexades que non era nada doado, tamén vos amosamos este video que gravamos:

1/12/15

DISCAPACIDADE VISUAL


O vindeiro xoves, 3 de decembro celébrase o Día da Discapacidade. Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co propósito de fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades tanto físicas como económicas ou sociais, intentando desmoronar as barreiras que as arrodean.

Desde o cole, tamén queremos fomentar a integración das persoas con discapacidade e para iso o mellor é coñecer como é o día a día destas persoas, imaxinar como se senten, poñernos no seu lugar. Se o ano pasado fixemos unha xornada de convivencia con algúns alumnos e alumnas do CEE Terra de Ferrol este ano,  contamos coa visita da Paula, unha mestra da ONCE, que cargada coa súa maleta didáctica: "Coñecemos o Braille", veunos a facer un taller de iniciación sobre o mesmo. O obxectivo era que coñecésemos como se desenvolven as persoas con discapacidade visual na súa vida cotiá grazas ao uso do Braille e das novas tecnoloxías adaptadas. Ademais coñecimos materiais  adaptados a este sistema como contos, libros, cartas, xogos de mesa ... incluso poidemos tocar e utilizar unha máquina Perkins.

Comezamos cunha presentación de como os nenos e nenas con cegueira ou deficiencia visual se desenvolven nas súas clases:


Despois, Paula amosounos algúns dos materiais que tiña na súa maleta:


E continuou cun taller sobre Braille. Primeiro unhas pequeñas nocións sobre o tema:


E logo, Paula deulle a cada rapaz e rapaza un alfabeto Braille e unha folla escrita neste sistema para que tratasen de descifrala. Que difícil parecía!!!!!!!!


Menos mal que coa súa axuda, conseguiron descifrala. Ollade que frase máis bonita:


Xa para rematar fixeron uns pequenos experimentos con catro voluntarios. Cos ollos vendados tiñan que averiguar o obxecto, moverse pola clase coa axuda dun "guía", ...


Antes de irse, Paula deixounos a súa maleta no centro durante uns días para que todos nós poidamos ver con calma todos os materiais que ten dentro como ...


Foi unha visita moi instrutiva e interesante. Pero iso non é todo, o vindeiro xoves día 3, teremos outra  interesante visita relacionada coa discapacidade. Xa vos manteremos informados.