28/4/18

SEMANA DO LIBRO


Por mor do día do libro, adicamos a semana do 23 ao 27 de abril aos libros tanto en galego como en castelá.

- Fixemos un programa de radio especial adicado ás novas sobre os Seres Mitolóxicos do noso proxecto: "A Galicia Máxica":



- A IV FEIRA DO LIBRO DE MACIÑEIRA, na que como anos anteriores, cada neno e nena puido traer da súa casa un ou dous libros en galego ou en castelán, para intercambialos por outros do seu stand.


- E tamén apadriñamento lector dos maiores aos máis pequenos no patio do colexio aproveitando o bo tempo:



Na galería de fotos da páxina web do centro, podedes ver esta e máis fotos da actividade:

25/4/18

CONTACONTOS: EU CONTO, TI CANTAS

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, recibiron no cole a visita dun contacontos que lles veu a contar o libro: "Eu conto, ti cantas" de Mª Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas.



22/3/18

DÍA DA ÁRBORE


O terceiro ciclo, celebrou con Cousa de Raíces, unha campaña promovida por unha plataforma de máis de 60 entidades que quere defender a conservación das nosas masas de árbores e o coñecemento sobre a súa necesaria existencia, o día da árbore.

Primeiro pensaron uns lemas para a súa campaña :

" Non destrúas as árbores: son boas e sen elas non podemos vivir "
" Por que plantar eucaliptos cando podes plantar castiñeiros? Apoia o bosque autóctono "
" Coida as árbores. Déixaas medrar "
" Planta unha árbore, planta vida "
" Recicla papel. Axudarás a moitas árbores "

Despois  copiaron o lema, no cartaz da campaña, xunto co nome do noso centro:


A continuación foron ao patio e alí sacarons fotos diante das fermosas árbores que temos nel:


21/3/18

DÍA DA POESÍA


Polo día da Poesía, todas as clases reunímonos do patio cuberto e fixemos un recitado de poesías inventadas ou de escritores coñecidos.


Os nenos e nenas de quinto de primaria, versianaron ao galego un poema de María de La Luz Uribe "El rey de papel" con ilustracións de Fernando Krahn e outras que montaron eles a partir delas:


Aquí volo deixamos xunto coas imaxes:

Feito con Flipsnack

Ollade que ben o fixemos. Tedes que perdoar polo audio porque non se escoita moi ben.


E aquí vos deixamos algunhas imaxes do día:


12/3/18

SEMANA DA PRENSA


A semana pasada foi a Semana da Prensa en Galicia. Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, se  propuso, facer unha edición especial do noso xornal "Novas da Maciñeira" con noticias onde os protagonistas fosen os Seres Mitolóxicos que lles tocou a cada clase.

Aquí vos deixamos as novas que inventaron os de quinto de primaria: