31/1/22

DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, ao longo da semana, entre todas as clases estivemos a facer esta gran e colorida pomba:


e tamén decoramos bonitos carteis de Paz:



Coñecimos máis sobre este día con este libro lim sobre a Paz:


E despois de recreo, xuntámonos todas as clases na pista de fútbol (iso si, separados en grupos burbulla) para facer unha solta de máis nin menos 100 POMBAS MENSAXEIRAS!!!!!




FELIZ DÍA DA PAZ!!!!!

10/1/22

BREAKOUT E PASAPALABRA DA ENERXÍA

 Para traballar o tema da enerxía deixámosvos estes recursos:

un pasapalabra feito con Genmagic e un Breakout feito con Genial.ly  

CALENDARIO 2022

  Este é o calendario que fixemos entre todos os cursos relacionado co proxecto do cine. Aquí volo deixamos para que vexades os bonitos debuxos que ten. Gústavos?

20/11/21

OS NOSOS DEREITOS

 


Nas clases estivemos a falar non só dos dereitos senón tamén dos deberes que todos os nenos e nenas deben cumprir e eleximos seis deles para representalos. 

-  Dereito a ter un fogar


-  Dereito a ter unha familia


- Dereito a xogar


- Dereito a ter un nome e unha nacionalidade


Dereito a non ser explotado


-   Dereito á protección contra o abandono


E finalmente, con todos estes dereitos fixemos "A casa dos nosos dereitos" na que colocamos detrás de cada fiestra e porta os dereitos que debuxamos:


QUE VOS PARECE?

17/11/21

IMOS AO TEATRO: ROSALÍA

 


Os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria foron hoxe ao teatro ao Pazo da Cultura de Narón a ver a obra "Rosalía" do grupo  Culturactiva.

A obra trataba da vida de Rosalía de Castro cando era nena antes de convertirse na gran escritora que foi.


Imaxe:https://www.culturactiva.org/es/espectaculo/rosalia

Aquí vos deixamos un trailer da mesma: