Polo día do libro, todo o centro fixemos un mural no que colocamos por unha banda o último libro que limos e pola outra o que nos gustaría ler.
25/4/22
28/3/22
PAPÁ CANIBAL
Se a semana pasada nos visitou Andrea Maceiras, hoxe tocoulle o turno a Antonio M. Fraga. Durante preto dunha hora, Antonio amosounos algúns dos lugares nos que se inspirou para a súa obra "Papa canibal" o segundo dos libros que limos no Club de Lectura, falounos de como se lle ocurreu escribir o libro, animounos a escribir e incluso nos ensinou como cantaba Fedora!!!!!
E ao final, antes de irse, adicou o seu libro a tod@s.
23/3/22
ANDREA MACEIRAS E A FOLLA AZUL
Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria recibiron a visita de Andrea Maceiras a autora do primeiro libro que leron no Club de Lectura deste ano: A folla azul.
Durante preto dunha hora Andrea falou do seu libro e cunha fermosa presentación fixo adentrar aos rapaces/as na selva e sentir moita das cousas que nela había.
Ao rematar, firmou os nosos libros e como non, sacou unha foto de grupo.8/3/22
CARTELEIRA MULLERES DE CINE
Polo día da muller traballadora, e dado que estamos co proxecto do cine, entre todas as clases creamos unha carteleira de mulleres de cine. Cada clase investigou sobre unha ou varias mulleres (dependendo da clase) relacionadas co cine: directoras, actrices, guionistas,...
23/2/22
DÍA DE ROSALÍA

Ilustración Abi Castillo
Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, entre todas as clases do cole creamos un gran documental no que todos xuntos investigamos, aprendemos, xogamos e bailamos con esta gran escritora.
Ollade que gran traballo fixemos:
18/2/22
ENTROIDO PIRATA
Un ano máis comeza o Entroido no cole. Este ano o tema elexido é ... OS PIRATAS!!!!!!
Así de bonito está:

%20%20MANUEL%20ANTONIO%20FRAGA%20%20Casa%20del%20Libro%20-%20Google%20Chrome.jpg)

.png)




