15/2/16

1ª CHARLA PLAN DIRECTOR: NAVEGACIÓN SEGURA POR INTERNET


Un curso máis, solicitamos o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon ao noso dispor a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Este Plan consiste en tres charlas informativas/formativas que se dan nos centros para alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, sobre temáticas como; acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, ...

O mes pasado, tivo lugar a primera destas charlas, a cargo de José Antonio , da Comandancia de A Coruña, e tratou sobre os Riscos de Internet. José Antonio falou dos riscos de navegar por internet sen a suficiente seguridade e tamén do coidado que hai que ter á hora de subir imaxes tanto as redes sociais como facebook, twitter, instagram como ao whatssap.

Para que os alumnos e alumnas de quinto e sexto o entenderan moi be, púxolles estes videos:

     



Vese que non perderon detalle algún:


Para saber o que hai que facer, neste video de PANTALLAS AMIGAS; están AS DEZ CLAVES PARA USAR INTERNET CON SEGURIDADE:


E poderedes comprobar canto sabedes con este estupendo xogo. Clica na imaxe para acceder:


Ademais na páxina da Xunta tedes: "NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPACIO" "unha iniciativa encamiñada a que @s escolares naveguen con precaución pola Rede evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet e se mentalicen da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos". Este Plan, inclúe ademais dunha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás familias; un xogos para aprender lendo e xogando.



No hay comentarios:

Publicar un comentario