2/5/16

2021: UNHA ODISEA NA TERRA


A semana pasada, a ANPA convidou ao alumnado do segundo e do terceiro ciclo de Primaria, a asistir ao Pazo da Cultura de Narón para ver a obra de teatro: "2021: Unha odisea na terra", unha obra escrita e dirixida por Xosé Luis Prieto e interpretada pola Escola de Teatro de Narón.

Durante preto dunha hora, poideron disfrutar dunha fantástica obra que ten na contaminación o tema central, abordando tamén de xeito transversal a educación vial ensinándolles aos rapaces que teñen que poñer casco ou como teñen que tomar as rotondas entre outras cousiñas. Aquí vos deixamos unha sinopse da obra:

SINOPSE: No ano 2021, unha súbita contaminación masiva provocada por "OS OUTROS" fai que haxa que evacuar a toda a poboación terrestre a Marte. Na Terra só quedan catro "ESCOLLIDOS" coa misión de investigar as causas de tal desastre ambiental e poder así salvar o Planeta. Durante esta importante misión, estos "Escollidos" terán que enfrontarse a moitas situacións arriscadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario