A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) convida hoxe a centros escolares, institucións, asociacións e á cidadanía en xeral, a celebrar o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, agasallando un libro en galego e unha flor.
Nos centros de ensino infantil e primario como o noso, propón a elaboración e envio dunha postal cunha estrofa de "Alborada" (da obra Cantares Gallegos) e un deseño alusivo ao este día.
Esta é a estrofa:
Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite
E este é o deseño:
Pois ben, todo o centro quiso sumarse a esta gran iniciativa e aquí vos deixamos as preciosas postais que fixeron:
Un curso máis, solicitamos o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon ao noso dispor a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Este Plan consiste en tres charlas informativas/formativas que se dan nos centros para alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, sobre temáticas como; acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, ...
O mes pasado, tivo lugar a primera destas charlas, a cargo de José Antonio , da Comandancia de A Coruña, e tratou sobre os Riscos de Internet. José Antonio falou dos riscos de navegar por internet sen a suficiente seguridade e tamén do coidado que hai que ter á hora de subir imaxes tanto as redes sociais como facebook, twitter, instagram como ao whatssap.
Para que os alumnos e alumnas de quinto e sexto o entenderan moi be, púxolles estes videos:
Vese que non perderon detalle algún:
Para saber o que hai que facer, neste video de PANTALLAS AMIGAS; están AS DEZ CLAVES PARA USAR INTERNET CON SEGURIDADE:
E poderedes comprobar canto sabedes con este estupendo xogo. Clica na imaxe para acceder:
Ademais na páxina da Xunta tedes: "NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPACIO" "unha iniciativa encamiñada a que @s escolares naveguen con precaución pola Rede evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet e se mentalicen da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos". Este Plan, inclúe ademais dunha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás familias; un xogos para aprender lendo e xogando.
O venres pasado celebramos a festa do Entroido no cole. Como xa vos dixemos en entradas anteriores, a temática deste ano foi: "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS". Por iso, pola pasarela da Maciñeira pasaron rapaces e rapazas de distintos lugares do mundo:
- Os de Educación Infantil de EXIPTO:
- Os de Primeiro de FRANCIA:
- Os de Segundo de REINO UNIDO:
- Os de Terceiro de a INDIA:
- Os de Cuarto de XAPÓN:
- Os de Quinto de CHINA:
- E os de Sexto de EEUU:
E por suposto, non podían faltar os protagonistas da Historia: Willy Fog (Phileas Foog na obra orixinal), Rigodón (Juan Picaporte), Rommy (Aouda) e o Inspector Dix (Inspector Fix):
Nin algunhas mamás :
Despois do desfile e de recoller os diplomas á participación (un por clase), disfrutamos grazas á ANPA da degustación de ricas ORELLAS e ROSQUILLAS:
E xa para rematar, con moita mágoa, queimamos o noso MECO.