25/5/15

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Mural feito polos nenos e nenas de primeiro e a súa profe Mari

O pasado xoves pola tarde celebramos o festival das Letras Galegas con  Sergio e Laura  de 5º de Primaria presentando o acto. Ao longo de hora e media de festival, escoitamos a biografía do autor homenaxeado este ano, Xosé Fernando Filgueira Valverde ,  a lectura dalgúns dos seus poemas incluídos na obra "Seis canciones de mar in modo antico" e tamén de poemas doutros grandes escritores da nosa literatura como son Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro,...
Disfrutamos con distintas cancións e bailes: "Mazarico", "Parapampero" e "Meu o mundo é" e incluso unha muñeira dos máis pequerrechos do cole. Tamén descubrimos a Verdadeira Historia de Carapuchiña Vermella de mans dos nenos e nenas de catro e cinco anos e os máis maiores, fixéronnos rir con dúas divertidas obriñas teatrais: "A consulta do doutor" e "Consultas psicolóxicas" .
Pasámolo moi ben na compaña dos familiares e amigos que viñeron a disfrutar connosco do festival. Deixámosvos unhas fotiñas:



E tamén a obra de teatro que fixeron os nenos e nenas de 5º:


No hay comentarios:

Publicar un comentario